Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 02 de agosto de 2002 Páx. 11.988

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno, na sesión que tivo lugar o día 22 de xullo de 2002, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización e o estudio de detalle para axuste de aliñacións das unidades 14-15-16-18-19 do PERI-7 da Pontepedriña, presentados pola Empresa Municipal de Vivenda e Solo de Santiago de Compostela, S.A. (Emuvissa).

Os expedientes consonte o artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométense a información pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o citado prazo, os interesados poderán colsulta-los expedientes na Sección de Planeamento e Xestión e formularen por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2002.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo