Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 02 de agosto de 2002 Páx. 11.983

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO CORGO

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, na súa sesión do 6 de xuño deste ano, acordou aprobar inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal e expoñelo ó público durante un mes, que comezou a contar desde o día 19 de xuño, ó publicarse o último edicto de exposición daquel instrumento xeral de planeamento.

Por Resolución da Alcaldía do 10 de xullo de 2002 acordouse amplia-lo prazo de exposición ó público un mes máis para que tódolos interesados poidan formula-las súas reclamacións, alegacións ou suxestións, poñendo á disposición das persoas que o desexen o persoal do concello para cubrilas.

Polo tanto, amplíase o prazo de exposición pública do PXOM do Corgo ata o día 19 de agosto de 2002. As reclamacións, alegacións e suxestións poderán, pois, presentarse ata ese día.

O Corgo, 19 de xullo de 2002.

José A. Ferreiro González

Alcalde