Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 02 de agosto de 2002 Páx. 11.981

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2002, do xerente xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se anuncia o concurso público de alugueiro, con opción de compra, de vehículos para os servicios de atención domiciliaria e para transporte mixto de persoas e paquetería, polo procedemento aberto e trámite urxente. (C.P. 8/2002).

O xerente xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas polo conselleiro de Sanidade na Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), convoca o seguinte concurso público:

Expediente: C.P. 8/2002.

Obxecto: alugueiro, con opción de compra, de vehículos para a realización das funcións dos servicios de atención domiciliaria e para transporte mixto de persoas e paquetería.

Orzamento: 73.356,54 A, IVE incluído; desagregado nos seguintes lotes:

-Lote nº 1: 3 vehículos para os servicios de atención domiciliaria.

-Lote nº 2: 1 furgón para transporte mixto.

Con posibilidade de licitar a un ou a ambos lotes.

Forma de adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público, polo trámite urxente.

Prazo de execución: 48 meses.

Admisión de variantes: ata unha.

Solvencia económica, financeira e técnica: ver punto 17 da cara do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación:

1º) Prezo, ata 50 puntos.

2º) Melloras técnicas, ata 40 puntos.

3º) Plan de calidade, ata 10 puntos.

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares, técnicas e demais documentación complementaria deben ser solicitados no servicio de compras do Com

plexo Hospitalario de Ourense, rúa Ramón Puga, 52 (edificio de administración-planta baixa), de Ourense, en días hábiles, das 9 ás 14 horas, agás sábados. Para consultar datos: http:/www.sergas.es.

Garantías:

-Provisional: lote nº 1, 990,65 A; lote nº 2, 476,48 A.

-Definitiva: 4% do importe de licitación do que fora/n adxudicatario/s.

Presentación de proposicións: presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

Apertura de proposicións: terá lugar en acto público na sala de xuntas anexa á Dirección de RR.EE. do complexo hospitalario, ás 9 horas do undécimo día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos sinalados nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Anuncios: o pagamento será por conta do/s adxudicatario/s.

Ourense, 19 de xullo de 2002.

Alfonso Clemente González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Ourense