Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 02 de agosto de 2002 Páx. 11.975

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2002 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación anticipada, da contratación do servicio de telecomunicacións consistente na instalación de novas liñas de comunicacións e adquisición de equipos, para o cambio de rede de comunicacións do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable a unha rede privada virtual. (Expediente 19/2002).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xunta de Galicia, Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC).

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.

c) Número de expediente: 19/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación do servicio de telecomunicacións consistente na instalación de novas liñas de comunicacións e adquisición de equipos, para o cambio de rede de comunicacións do CIXTEC a unha rede privada virtual.

b) Lugar de execución: rúa Ramón Piñeiro, nº 27, Santiago de Compostela.

c) Prazo de execución: 24 meses contados desde a sinatura do correspondente contrato (expediente de carácter plurianual).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria (anticipada de gasto).

b) Procedemento: procedemento aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: cincocentos dez mil euros (510.000 A) IVE incluído. Distribuído nas seguintes anualidades: exercicio 2003, 280.500 A; exercicio 2004, 229.500 A.

5. Garantía provisoria: 2% do orzamento máximo de licitación (10.200 A).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Xunta de Galicia, Centro Informático para a Xestión Tributaria Económico-Financeira e Contable (CIXTEC).

b) Domicilio: rúa Ramón Piñeiro, nº 27.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Teléfono: 981 54 13 37.

e) Telefax: 981 54 12 70.

f) Data límite de obtención de documentos e información: 4 de setembro de 2002.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo V, subgrupo 4, categoría B.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional:

-Solvencia económica e financeira: informe de institucións financeiras ou, se é o caso, xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais.

-Solvencia técnica e profesional: unha relación dos principais servicios ou traballos realizados nos últimos tres anos que inclúa importe, datas e beneficiarios públicos ou privados destes; unha descrición do equipo técnico e unidades técnicas participantes no contrato, estean ou non integradas directamente na empresa do contratista, especialmente dos responsables do control de calidade.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 4 de setembro de 2002.

b) Documentación que hai que presentar: a estipulada no prego de cláusulas administrativas e prescricións técnicas que rexen a presente contratación.

c) Lugar de presentación:

Entidade: Xunta de Galicia, Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC).

Domicilio: rúa Ramón Piñeiro, nº 27.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: na presente contratación non será admisible a presentación de variantes.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Xunta de Galicia, Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financiera e Contable (CIXTEC).

b) Domicilio: rúa Ramón Piñeiro, nº 27.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: 10 de setembro de 2002.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ó DOCE: 15 de xullo de 2002.

12. Páxina web onde poden obterse os pregos: www.cixtec.es

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2002.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable