Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: e/s futuro C.T. traseira Manuel Murguía.
Situación: A Coruña.
Descricións técnicas: enlaces para a reestructuración de servicio, na L.M.T. subterránea denominada SPV709, San Pedro-Sol, en conductor R.H.V. de 240 mm Al ou conductor 400 mm Al, existente en obra de 624 m de lonxitude total.
1. Interca-los CC.TT. de Marquesa de Cavalcant, Manuel Murguía-Agra e Manuel Murguía II.
2. Intercala-lo C.T. Barrié de la Maza.
3. Intercala-lo C.T. Ambulatorio.
4. Intercala-los CC.TT. Canela e Cervigón.
5. Conexionar coa L.M.T. a C.T. rúa Cega. Concello da Coruña.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
A Coruña, 21 de xuño de 2002.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña