Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 01 de agosto de 2002 Páx. 11.943

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO DA COMARCA DE BETANZOS

BASES da convocatoria da praza de xerente da fundación.

En cumprimento do establecido na Lei de Galicia 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación, e de conformidade co acordo adoptado polo Padroado da Fundación para o Desenvolvemento da Comarca de Betanzos o día 23 de outubro de 2001, convócanse probas de selección para cubrir, baixo a modalidade de contratación indefinida, unha praza de xerente para facerse cargo da xestión de dita fundación.

As condicións específicas do contrato de traballo, así como as funcións que realizará o xerente da fundación, estarán á disposición dos interesados na sede da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, en diante SDC, sita na estrada Santiago-Noia km 3 - A Barcia (Santiago de Compostela). Teléfono: 981 54 26 08.

1. Requisitos xerais:

-Ter nacionalidade dun país membro da Unión Europea.

-Ser maior de 18 anos.

-Acreditar titulación universitaria de grao superior.

-Acreditar unha formación mínima de 350 horas e/ou experiencia profesional de 1 ano en planificación e desenvolvemento local-comarcal.

2. Coñecementos que se requiren:

a) Coñecementos específicos:

-Teoría e práctica do desenvolvemento comarcal: o Plan de Desenvolvemento Comarcal de Galicia.

-Teoría e metodoloxía da planificación estratéxica.

-Metodoloxía dos procesos de desenvolvemento.

-Dinámica do desenvolvemento e fases da planificación estratéxica.

-Modelos aplicados de desenvolvemento territorial: análise de casos.

-Teoría e práctica do desenvolvemento local.

-Recursos e axentes para o desenvolvemento local e comarcal.

-Programación e organización de actividades de formación, promoción e dinamización.

-Actividades de promoción e desenvolvemento comarcal.

-A animación sociocultural.Concepto.Técnicas.

-Organización de actos de promoción sectorial.

-Organización feiral en Galicia.

-A Rede de Centros Comarcais de Galicia.

-Técnicas de programación de itinerarios turísticos.

-Organización e estructura do turismo rural en Galicia.

-Estructura económica e social da comarca de Betanzos.

-Estructura e organización territorial de Galicia.

-As administracións locais. O municipio. A provincia. Outras entidades locais. Especial referencia á comarca e á parroquia.

-Formas de intervención da Unión Europea para o desenvolvemento rexional e local.

-Europa: estructura territorial e organización política e administrativa.

-As institucións europeas e o seu funcionamento.

-A Acta Única Europea. O Tratado da Unión Europea.

-As Comunidades Europeas. O ordenamento xurídico comunitario. As liberdades básicas do sistema comunitario.

-Xestión de programas e de iniciativas comunitarias.

-O asociacionismo. Concepto, características e normativa que o regula. Organización. Sistema de financiamento.

-As regulacións e normativas legais que afectan o modelo galego de desenvolvemento comarcal.

-Marco legal sobre fundacións de interese galego e de institucións sen finalidade de lucro.

-Lei de fundacións e de incentivos fiscais á participación privada en actividades de interese xeral.

-Lei de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia en materia de retribución de persoal e contratación.

-Normativa reguladora das organizacións non gobernamentais.

-Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

-O procedemento administrativo: concepto e natureza. Iniciación, ordenación, instrucción e terminación. O silencio administrativo.

-O contrato de traballo. Concepto. Natureza. Suxeitos. Capacidade para contratar. Forma. Documentación e proba.

-O Servicio Galego de Colocación (SGC).

-As medidas activas de emprego vixentes na Comunidade Autónoma.

-A planificación contable. Plan Xeral de Contabilidade. Ámbito e contido do plan. Obxectivos. Criterios de valoración. O euro: a súa reconversión e regras de redondeo.

-O Estatuto de autonomía de Galicia. Competencias da Comunidade Autónoma. A Xunta de Galicia e o seu presidente.

-O Consello da Xunta de Galicia. Organización e estructura das consellerías.

-O Parlamento de Galicia. O Valedor do Pobo. A Administración pública da Comunidade Autónoma.

-O Consello de Contas. O Consello Económico e Social.

-O protocolo e a normativa legal que o regula. Organización e coordinación de actos.

-A Lei do patrimonio cultural de Galicia.

-A Lei do Estatuto dos traballadores.

b) Coñecementos complementarios:

-Acredita-lo coñecemento da lingua galega.

-Posuír e acredita-lo coñecemento de informática a nivel usuario.

3. Documentación que hai que presentar:

-Fotocopia DNI.

-Currículum vitae xunto coa documentación orixinal ou fotocopia compulsada que acredite a titulación requirida, os coñecementos, os méritos e experiencia profesional.

-Solicitude dirixida ó presidente da fundación, segundo o modelo do anexo I.

4. Lugar e prazo de presentación.

-As solicitudes presentaranse nas dependencias da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, situada na estrada Santiago-Noia, km 3 - A Barcia. 15896 Santiago de Compostela.

-O prazo de presentación será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación destas bases no Diario Oficial de Galicia.

5. Comisión de selección:

A comisión de selección estará formada polos seguintes membros:

Presidente: titular: Andrés Precedo Ledo, presidente do padroado da fundación.

Suplente: José Antonio Sangil Noya, delegado provincial da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública na Coruña.

Secretario: titular: Manuel Brañas Abad, vicepresidente do padroado da fundación.

Vocais: José Mª Soriano Villalba, xefe de Asuntos Económicos da SDC.

José Figueroa Dávila, xefe Acción Comarcal da SDC.

Rosario Álvarez Cao, xefa de Planificación da SDC.

6. Proceso de selección:

1. Expirado o prazo de presentación de solicitudes, a comisión de selección publicará as listas previas de admitidos e excluídos, co motivo da exclusión, se é o caso, establecéndose un prazo de dez días hábiles para que, a petición do interesado, se poida reparar calquera erro que sexa emendable. Esgotado este prazo, publicaranse as listas definitivas de admitidos e excluídos e fixaranse o lugar e a data de celebración da proba de coñecementos. Os candidatos deberán asistir provistos do DNI. Estas listas publicaranse no taboleiro de anuncios da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia.

2. As probas de selección consistirán en:

a) Proba escrita teórico-práctica de coñecementos (punto II.a). A puntuación máxima que se poderá acadar nesta proba é de 10 puntos. Os candidatos que non acaden a puntuación de 5 puntos nesta proba quedarán automaticamente eliminados. Os cinco candidatos que obteñan a maior puntuación na proba escrita, serán convocados á proba oral.

b) Proba oral sobre experiencia profesional en desenvolvemento territorial/local e sobre coñecementos con base na temática que se recolle nos puntos II.a) e II.b) destas bases. Os candidatos convocados deberán responder, durante un máximo de 30 minutos, ás preguntas que, sobre os citados contidos, lle sexan formuladas polos membros da comisión de selección. A puntuación máxima que se poderá acadar nesta proba é de 5 puntos, sendo necesario acadar unha puntuación mínima de 2,5 puntos para superar esta proba.

Unha vez valoradas as probas anteriores, a comisión de selección publicará no taboleiro de anuncios da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia os resultados definitivos, con indicación expresa do candidato seleccionado.

Betanzos, 24 de xullo de 2002.

Andrés Precedo Ledo

Presidente do Padroado da Fundación para o

Desenvolvemento da Comarca de Betanzos

ANEXO I

D/Dna...., con DNI...., en virtude da convocatoria da praza de xerente da Fundación para o Desenvolvemento da Comarca de Betanzos,

SOLICITA:

Participar no proceso selectivo para cubrir unha praza de xerente convocada pola Fundación para o Desenvolvemento da Comarca de Betanzos mediante anuncio público desta fundación no DOG nº.... con data.... Para tal fin, xúntase documentación conforme o recollido nas bases da citada convocatoria.

Betanzos, .... de.... de 2002.

Asdo.: .....

Presidente do Padroado da Fundación para o Desenvolvemento da Comarca de Betanzos.