Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 01 de agosto de 2002 Páx. 11.942

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno en sesión celebrada o 30 de maio de 2002 acordou aprobar inicialmente o proxecto de delimitación do polígono de execución integral AEI-24 de Poeta Pérez Parallé, determinar para o citado ámbito, como sistema de actuación urbanística, o de compensación, segundo o acordo do Concello Pleno de data 31 de xaneiro de 2002 e somete-lo citado proxecto de delimitación do polígono en solo urbano non consolidado a información pública polo prazo de vinte días hábiles con notificación persoal ós propietarios afectados no ámbito da AEI-24 de acordo co establecido no artigo 121 da Lei do solo de Galicia.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 11 de xuño de 2002.

O alcalde

Rubricado