Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 01 de agosto de 2002 Páx. 11.940

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

ANUNCIO de licitación.

A Comisión de Goberno, en sesión do 22 de xullo de 2002, aprobou o expediente de contratación polo sistema de poxa, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, para o alleamento dunha parcela con dúas edificacións, sita na parroquia de Guísamo, no Concello de Bergondo.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Bergondo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral, Servicio de Contratación.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: alleamento dunha parcela con dúas edificacións.

b) Situación do predio: parroquia de Guísamo.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 78.921,20 euros.

5. Garantías:

a) Provisional: 1.578,42 euros (2% do orzamento base de licitación).

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral, Servicio de Contratación do Concello de Bergondo.

b) Domicilio: estrada A Coruña nº 12, 15165 Bergondo (A Coruña).

c) Teléfono: 981 79 12 52.

d) Telefax: 981 79 42 33.

e) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 14 horas do día sinalado como derradeiro para a presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación do presente anuncio no BOP ou DOG.

b) Documentación que integrarán as ofertas: en dous sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, que conterán a documentación esixida na cláusula 8 e no anexo II do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Bergondo, de 9 a 14 horas.

8. Apertura das ofertas:

Terá lugar na Casa do Concello de Bergondo, o terceiro día hábil seguinte (agás sábados) ó do remate de presentación de proposicións, ás 14 horas.

9. Gastos de anuncios:

Tódolos gastos correspondentes ós anuncios de licitación e adxudicación serán por conta do adxudicatario.

10. Exposición do prego:

O prego-tipo de cláusulas administrativas particulares que rexe esta convocatoria queda exposto ó público na Secretaría Xeral, Servicio de Contratación (estrada A Coruña nº 12, 15165 Bergondo, tfno.: 981 79 12 52, fax: 981 79 42 33), durante o prazo de oito días, para os efectos previstos no artigo 122.1º do Real decreto lexislativo 781/1986.

Bergondo, 23 de xullo de 2002.

José Fernández Ramos

Alcalde-presidente