Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de
execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Electra del Jallas, S.A.
Domicilio social: pza. de Constitución, 17, 15270 Cee (A Coruña).
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Plácido-Esteiro. (Modificado I).
Situación: Muros.
Descricións técnicas: liñas eléctricas subterráneas de media tensión, a 20 kV baixo tubo:
-De 14 metros de lonxitude e con conductor R.H.V. 12/20 de 3(1x150) mm Al, coa orixe na liña subterránea existente ó lado do pavillón dos deportes e no C.T. Esteiro I novo, que se vai instalar.
-De 725 metros de lonxitude e conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, coa orixe no C.T. Esteiro I novo e final no C.T. Ribeira de Maio.
-De 104 metros de lonxitude, coa orixe no C.T. Esteiro I novo e final na liña que alimenta ó C.T. Conservas Calvo.
Centro de transformación en caseta prefabricada de formigón de 400 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV denominado Esteiro I novo en rúa Caño, do que parte rede de baixa tensión subterránea de 592 metros de lonxitude, con conductor R.V., con seis circuítos que se conectan a redes existentes. Concello de Muros.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
A Coruña, 21 de xuño de 2002.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña