En cumprimento do disposto nos artigos 25 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e 13 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, sométese a información pública o proxecto sectorial para a nova Comandancia da Garda Civil en Pontevedra polo prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o dito prazo, calquera persoa poderá examinalo, en horario de oficina, nas dependencias da Dirección Xeral de Urbanismo sitas nos edificios administrativos de San Caetano, en Santiago de Compostela, e presentar ante esta consellería as alega
cións, documentos e xustificacións que estime pertinentes.
Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2002.
José Jesús Cudeiro Mazaira
Director xeral de Urbanismo