Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 01 de agosto de 2002 Páx. 11.926

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2002 pola que se lles dá publicidade ás resolucións de adxudicación dos contratos que se citan.

Por resolucións do secretario xeral, actuando no nome do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, por delegación de competencias, segundo a Orde do 18 de decembro de 2001, resolveu adxudica-los seguintes contratos:

Contratación dunha asistencia técnica para o servicio de apoio técnico funcional á explotación do Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos (SXPA) da Xunta de Galicia, convocada mediante concurso público por procedemento aberto, por resolución da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, do 10 de maio de 2002, publicada no Diario Oficial de Galicia do día 22 de maio do presente ano.

Adxudicatario: Altia Consultores, S.L.

Importe: 835.000 A, IVE incluído.

Contratación dunha asistencia técnica para o servicio de mantemento de equipos informáticos da Xunta de Galicia, convocado mediante concurso público por procedemento aberto, por resolución da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, do 10 de maio de 2002, publicada no Diario Oficial de Galicia do 22 de maio do presente ano.

Adxudicatario: Unisys España, S.A.

Importe: 576.070,20 A, IVE incluído.

Contratación dunha asistencia técnica para os servicios de administración e seguridade da plataforma informática da Xunta de Galicia, convocado mediante concurso público por procedemento aberto, por resolución da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, do 10 de maio de 2002, publicada no Diario Oficial de Galicia do 22 de maio do presente ano.

Adxudicatario: Unisys España, S.A.

Importe: 882.547 A, IVE incluído.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2002.

P.D. (Orde 18-12-2001)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia,

Relacións Instucionais e Administración Pública