Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 31 de xullo de 2002 Páx. 11.914

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización parcial da rúa Pedro Sarmiento de Gamboa e zona verde lindante coa rúa Ponte Bolera, promovido por Os Regos Promociones, S.L.

A Comisión de Goberno, en sesión do día 13 de maio de 2002 acordou prestar aprobación definitiva ó proxecto de urbanización parcial da rúa Pedro Sarmiento de Gamboa e zona verde lindante coa rúa Ponte Bolera, promovido por Os Regos, Promociones, S.L., composto dun proxecto visado pola delegación en Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) con data do 12-6-2001, e planos números 2.1º, 2.2.º e 10, con data do visado colexial do 17-10-2001, anulando e substituído ós seus corre

lativos anteriormente presentados, documentación toda ela redactada polos arquitectos Ignacio e José A. Hermo Túñez, autorizando a execución das obras recollidas na referida documentación técnica, sen prexuízo do dereito de ocupación dos terreos cedidos e dos que xa figuraban como de titularidade municipal, autorización que se outorga salvo dereito de propiedade e sen prexuízo de terceiros, para la posibilita-la súa urbanización suxeita a determinadas condicións impostas na concesión da licencia.

O que se fai público para a súa executividade, subliñándose que contra este acto administrativo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer ben o recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que a dictou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa modificación, consonte co establecido no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, na redacción dada pola Lei 4/1999, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa modificación, conforme o disposto nos artigos 8.1º e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

De se interpoñe-lo recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes segundo se establece no artigo 117.2º da citada Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, entendéndose desestimado polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa, de conformidade co establecido no artigo 43.2º desa Lei 30/1992, podéndose entón interpoñer recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses contado desde o día seguinte daquel no que se deba entender presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, conforme o establecido no artigo 46.1º e 4º da Lei 29/1998.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados consideren procedentes consonte a dereito.

Pontevedra, 12 de xuño de 2002.

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Teniente alcalde delegado da Área de Urbanismo e Medio Ambiente