Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decre
to 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Begasa.
Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.
Denominación: reelect. en Santa Comba (Santiago de Goiriz).
Situación: Vilalba.
Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 524 m de lonxitude conductor tipo LA-56 con orixe en L.M.T. a Vilalba-Meira e final en C.T. de Santa Comba. C.T. de 160 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V. R.B.T. aérea de 2.700 m de lonxitude conductor tipo R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Lugo, 24 de xuño de 2002.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo