Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 30 de xullo de 2002 Páx. 11.859

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO.

A sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, por sentencia número 450/1999, resolve o recurso contencioso-administrativo interposto pola Asociación de Propietarios de Fincas Urbanas y Rurales, contra acordo deste concello do 29 de decembro de 1995, polo que se prestou aprobación definitiva ó proxecto de ordenación e urbanización do espacio público comprendido entre a rúa número 3 e a rúa de nova apertura da vila de Sanxenxo, sendo parte demandada o Concello de Sanxenxo.

A decisión da sentencia estima o recurso contencioso-administrativo interposto pola Asociación de Propietarios de Fincas Urbanas y Rurales (AFU y Rural) contra o acordo do Pleno do Concello de Sanxenxo do 29 de decembro de 1995, que aprobou o proyecto de ordenación e urbanización do espacio público comprendido entre a rúa número 3 e a de nova apertura da devandita vila, acto que se anula

por ser desconforme a dereito; sen facer imposición de custas.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Sanxenxo, 31 de maio de 2002.

Telmo Martín González

Alcalde