Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 30 de xullo de 2002 Páx. 11.851

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 2 de xullo de 2002 pola que se autoriza a transmisión mortis causa e inter vivos das concesións das bateas R.V. I, R.V. III Diz II e Diz III.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión das bateas R.V. I, R.V. III, Diz II e Diz III e das concesións administrativas que os amparan, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro.-Mediante escrito do 29-1-2001, Ramón Vázquez Carril solicitou autorización para a transmisión inter vivos das bateas R.V. I, R.V. III, Diz II e Diz III a favor da sociedade Ramón Vázquez Carril y Otros, S.C. con CIF: G-15412398, constituída por Ramón Vázquez Carril, a súa esposa Ángela González Piñeiro e as fillas do matrimonio: Purificación, Ángela e Elena Vázquez González.

Segundo.-Con data do 28-7-2001, prodúcese o falecemento de Ramón Vázquez Carril, titular con carácter ganancial das ditas bateas, sendo as súas únicas herdeiras as súas citadas fillas, Purificación, Ángela e Elena Vázquez González, así como a súa viúva, no que se refire á cota legal usufructuaria.

Terceiro.-Mediante escrito do 23-10-2001, Ángela González Piñeiro, Purificación, Ángela e Elena Vázquez González solicitan a transmisión mortis causa das ditas bateas e das súas concesións, ó tempo que, como membros restantes da sociedade Ramón Vázquez Carril y Otros, S.C., e en aplicación da súa cláusula 10ª, subróganse na solicitude feita o 29-1-2001 e piden a transmisión a favor da dita sociedade.

Cuarto.-Os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características das bateas, e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación dos expedientes son favorables.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999, de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería,

RESOLVE:

Autoriza-la transmisión mortis causa na parte correspondente á metade indivisa de gananciais de Ramón Vázquez Carril e inter vivos da correspondente a Ángela González Piñeiro, a favor de Ramón Vázquez Carril y Otros, S.C. (CIF G-15412398), das concesións administrativas das bateas que se indican a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: R.V. I.

Localización:

Cuadrícula nº: 52.

Polígono: B.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas:

Mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde outorgamento: 29-2-1964 (BOE/DOG nº 77, do 30-3-1964).

Remate vixencia: 30-3-2004.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: R.V. III.

Localización:

Cuadrícula nº: 17.

Polígono: B.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas:

Mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde outorgamento: 105/1975 (BOE/DOG nº 270, do 11 de outubro).

Remate vixencia: 11-11-2005.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Diz II.

Localización:

Cuadrícula nº: 71.

Polígono: B.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas:

Mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde outorgamento: 29-2-1964 (BOE/DOG nº 77, do 30 de marzo).

Remate vixencia: 30-3-2004.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Diz III.

Localización:

Cuadrícula nº: 5.

Polígono: B.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas:

Mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde outorgamento: 29-2-1964 (BOE/DOG nº 77, do 30 de marzo).

Remate vixencia: 30-3-2004.

Actuais titulares: Ramón Vázquez Carril (DNI: 35369850-J) e Ángela González Piñeiro (DNI: 33207589-M).

Novo titular: Ramón Vázquez Carril y Otros, S.C. (CIF G-15412398).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-Os actuais titulares deberán presentar, no prazo máximo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión inter vivos.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegada a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira.-O novo titular queda subrogado nos dereitos e obrigas dos anteriores, desde o momento de formalización da compra venda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 2 de xullo de 2002.

(P.D. 14-6-1999, DOG nº 120, do 24 de xuño)

Beatriz Mato Otero

Delegada territorial da Coruña