Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T. Ánimas-Bouzas.
Situación: concello de Vigo.
Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 555 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a liña BAL 7.32, á altura do C.R. Bouzas, enlazando coa L.M.T. existente o C.T. Alfageme 2, alimentando en bucle ó C.T. exp. Pesqueiras e rematando no C.T. Galicia Mar. L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 720 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o C.R. Coia, alimentando en bucle o C.T. Ánimas e rematando no C.R. San Domingos. Concello de Vigo.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, será de doce meses, a partir da recepción desta resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.
Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que considere pertinente o seu dereito.
Pontevedra, 19 de xuño de 2002.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra