Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 29 de xullo de 2002 Páx. 11.834

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOÉN

ANUNCIO de licitación.

Por decreto da Alcaldía de data do 24 de xuño de 2002, préstase aprobación ó prego de cláusulas administrativas que rexerán o procedemento para contratación das obras que se indican, o cal se expón ó público por prazo de oito días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP e no DOG, computándose para efectos de prazos a última publicación de ambas, para que poida presentar reclamacións quen se considere interesado.

Simultaneamente anúnciase o concurso, se ben a licitación se adiará canto resulte necesario de presentar reclamacións ó prego.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Toén, r/ Ribadela, 1, 32930 Toén (Ourense).

2. Obxecto do contrato: obras de saneamento abastecemento Toén-Moreiras-Alongos-Puga, de acordo co prego de cláusulas administrativas e proxecto técnico redactado polo enxeñeiro de camiños Manuel Durán Fuentes e aprobado pola Alcaldía con data do 28 de maio de 2002.

Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Tipo de licitación: 100.168 A, IVE e demais tributos incluídos.

5. Garantías:

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do tipo de licitación.

6. Obtención de información e documentación: na Secretaría do Concello de Toén, r/ Ribadela, 1, 32930 Toén (Ourense). Telf.: 988 26 10 74. Fax: 988 26 12 72.

7. Requisitos xerais do contratista: sinalados no prego de condicións administrativas.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de proposicións:

a) Prazo e lugar: no rexistro xeral do Concello de Toén, durante 13 días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación do presente anuncio no último dos boletíns en que apareza (BOP ou DOG) de 9 a 14 horas de luns a venres. Encóntrase o proxecto técnico na Copistería Copyplaza, S.L., sita na praza Maior de Ourense nº 8, así como o prego de condicións que rexerán a contratación para efectos de obtención de copias.

b) Documentación que hai que presentar: proposición para tomar parte na licitación para a contratación das obras de saneamento abastecemento Toén-Moreiras-Alongos-Puga, nº 230/8/02, del POL 2002, polo procedemento aberto mediante concurso, convocado polo Concello de Toén.

Constarán de dous sobres pechados A e B, os que conterán a documentación sinalada na cláusula XVIII do prego de condicións administrativas particulares, denominados:

Sobre A) Documentación acreditativa da personalidade e características do contratista e garantía depositada.

Sobre B) Oferta económica e criterios diferentes ó do prezo.

9. Apertura de ofertas: ás trece horas do segundo día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións, considerándose para este caso inhábil o sábado.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Toén, 25 de xuño de 2002.

O alcalde

Rubricado