Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 29 de xullo de 2002 Páx. 11.831

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

Vista a proposta de nomeamento efectuada polo tribunal cualificador do proceso de oposición convocado por acordo da Comisión Municipal de Goberno en sesión do día 7-6-2001 (DOG do 2 de outubro), e acreditados polo interesado os requisitos referidos na convocatoria, esta alcaldía, por Resolución do 8-2-2002 nomea a Ángel Graña Iglesias funcionario público de carreira do Concello de Cangas, do grupo C, escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, inspector de obras, o que se fai público de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991.

Cangas, 12 de xuño de 2002.

José Enrique Sotelo Villar

Alcalde-presidente