Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 29 de xullo de 2002 Páx. 11.824

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto de subministración sucesiva, polo trámite de urxencia, para a adquisición de mobiliario clínico con destino ó Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol (SCS-33/2002) (11 lotes).

O Servicio Galego de Saúde, por proposta da División de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Adquisición de mobiliario clínico con destino ó Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol (11 lotes).

Orzamento: cento trinta e sete mil seiscentos setenta euros con IVE incluído (137.670 euros, con IVE incluído); desagrégase en dúas anualidades para o ano:

2002: 16.620 euros.

2003: 121.050 euros.

Lote nº

Descrición do lote

Importe

do lote

Distribución

por anualidades

20022003

1Armarios e vitrinas16.26016.260

2Angarellas e sistemas mobilización pacientes6.3706.370

3Carros diversos servicios28.00028.000

4Mobiliario clínico diversos servicios37.47537.475

5Bañeras portátiles10.82010.820

6Mobiliario rehabilitación7.7707.770

7Neveiras medicación7.5957.595

8Mobiliario terapia ocupacional2.2902.290

9Angarellas tratamento rehabilitación7.9207.920

10Berces neonatoloxía8.8508.850

11Camas unidades especiais4.3204.320

Importe total de licitación137.67016.620121.050

Garantía provisional: é o 2% do importe de licitación. Ve-lo punto 9 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

Forma de adxudicación: concurso público, e procedemento aberto, polo trámite de urxencia.

Prazo de entrega: desde a petición, máximo 45 días.

Admisión de variantes: cada licitador poderá presentar proposicións individuais ata un máximo de tres (oferta base máis dúas variantes), proposicións agrupadas de varios lotes, ata un máximo de dúas.

Solvencia económica financeira e técnica: ve-lo punto 14 e 15 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares para a dita contratación.

Criterios de adxudicación: os establecidos no punto 10 da folla de especificacións do prego tipo de clásulas administrativas.

Documento de interese para os licitadores: o prego tipo de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da División de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Lázaro, 2º andar, en Santiago de Compostela (CP 15703), tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas, e tamén no enderezo da Internet www.sergas.es/contratación. Ou chamar ós teléfonos 981 54 27 66, 981 54 27 68, 981 54 73 87, e na copistería Copinino, rúa Xeneral Pardiñas, 2, Santiago de Compostela. Teléfono: 981 58 89 38.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Sergas, antes das 14 horas do oitavo día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro de prazo sinalado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981 54 27 62) ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura de proposicións: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, edificio administrativo San Lázaro, a partir das 9 horas do quinto día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios da presente contratación de subministración será por conta do adxudicatario ou dos adxudicatarios do contrato.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2002.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División

de Recursos Económicos