Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 29 de xullo de 2002 Páx. 11.820

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2002 pola que se fai pública a adxudicación do concurso público aberto e trámite de urxencia para a contratación do servicio de xestión de viaxes do persoal do Instituto Galego de Promoción Económica (C.P. 8/2002).

En cumprimento do disposto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de servicios:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Dependencia que tramita o expediente: servicios xurídicos.

c) Número de expediente: C.P. 8/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servicios.

b) Descrición do obxecto: servicio de xestión de viaxes do persoal do Igape.

c) Lote: único.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 75, do 18 de abril de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b)Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: 173.000 A (cento setenta e tres mil euros), IVE incluído.

5. Adxudicación.

a) Data: 27 de maio de 2002.

b) Contratista: Viajes Vincit, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 173.000 A, IVE incluído de importe máximo total, nos termos e condicións establecidos na oferta técnica e económica presentada.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2002.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica