Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 29 de xullo de 2002 Páx. 11.811

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2002, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-3274; XG-366, Ourense-Viana do Bolo, con anexos, por substitución da concesión V-3274; XG-366, Ourense-O Barco de Valdeorras, con anexos.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, mediante Orde do 3 de abril de 2002,

resolveu outorgar, con carácter definitivo, á empresa Aguas de Incio, S.A., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-3274; XG-366, Ourense-Viana do Bolo, con anexos, por substitución da concesión V-3274; XG-366, Ourense-O Barco de Valdeorras, con anexos, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

1. Itinerarios e puntos de parada.

* Ourense, As Lagoas, Castadón, A Derrasa, Santa Baia, O Pinto, Esgos, Niñodaguia, Casetas (Xunqueira de Espadanedo), O Rodicio, Vilariño Frío, Leboreiro, Valilongo, Alenza, Castro Caldelas, Sas de Penelas, Cerdeira, Guístolas, A Pobra de Trives, Cabalar, Mendoia, Sobrado, Manzaneda, Tonxil, San Miguel de Bidueira, Raigada, Vilarmeau, Grixoa, San Cristovo, Conso, Vilariño de Conso, Fradelo e Viana do Bolo.

* A Pobra de Trives, Cabalar, Larouco, Freixido, cruzamento Petín, A Rúa, San Miguel do Outeiro, Vilamartín, Arcos e O Barco de Valdeorras.

* Leboreiro, Ferrón, Montederramo, Paredes, Canedo, Chandrexa de Queixa, Parada Seca, Coba e A Pobra de Trives.

* Cerdeira, San Xoán de Río e Guístolas.

* Castadón, O Pereiro de Aguiar, Cortiñas, San Miguel do Campo, Faramontaos, Loñoá, cruzamento Covas, cruzamento Sobrado, Armariz, Loña do Monte, Rubiacós, Luíntra, Santo Estevo, Loureiro, Cerreda, Parada de Sil e Sacardebois.

* Cortiñas, Cebreiros e Loñoá.

* Loñoá, Boeiros, Santa Marta, Casmartiño, Porta do Sol, Ordelles, cruzamento Ordelles, cruzamento Gomariz e Gomariz.

* Cruzamento Covas, Covas, Triós, Sobrado e cruzamento Sobrado.

* Esgos, Os Pensos, Pardeconde, Xunqueira de Espadanedo e Casetas (Xunqueira de Espadanedo).

* Parada de Sil, Teimende, A Lama e Vilariño Frío.

* Valilongo, Sistín, Quintela, Pedrafita, Celeiros, Pedra do Sol, A Teixeira e Santa Tegra.

2. Prohibicións de tráfico.

* De e entre Viana do Bolo e Vilariño de Conso, puntos intermedios e viceversa.

3. Expedicións.

Viana do Bolo-A Pobra de Trives-Castro Caldelas-Ourense (119 km).

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Ourense-Castro Caldelas-Pobra de Trives (75 km).

* Unha expedición de ida e dúas de volta de luns a venres lectivos.

* Unha expedición de ida diaria.

* Unha expedición de ida os venres lectivos.

* Unha expedición de ida de luns a venres laborables.

* Dúas expedicións de volta os domingos e festivos.

* Unha expedición de volta de luns a venres laborables en período non lectivo.

A Pobra de Trives-Larouco-A Rúa-O Barco de Valdeorras (40 km).

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres lectivos.

Cerdeira-San Xoán de Río-A Pobra de Trives (18 km).

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres lectivos.

A Pobra de Trives-Chandrexa de Queixa-Montederramo-Leboreiro (41 km).

* Unha expedición de ida e volta os luns e os venres laborables. Esta expedición enlaza en Leboreiro cos servicios A Pobra de Trives-Ourense e viceversa.

Castro Caldelas-Ourense (51 km).

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres lectivos.

Santa Tegra-A Teixeira-Valilongo (19 km).

* Unha expedición de ida e volta os martes e xoves laborables en período lectivo. Esta expedición enlaza en Valilongo cos servicios A Pobra de Trives-Ourense e viceversa.

O Sacardebois-Parada de Sil-Luíntra Loñoá-Faramontaos-O Pereiro de Aguiar-Ourense (52,2 km).

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Parada de Sil-A Lama-Vilariño Frío (9 km).

* Unha expedición de ida e volta os mércores laborables en período lectivo. Esta expedición enlaza en Vilariño Frío cos servicios A Pobra de Trives Ourense e viceversa.

Ourense-O Pereiro de Aguiar-Cebreiros-Loñoá-Covas-Triós-Sobrado-cruzamento Sobrado (18,7 km).

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Gomariz-Ordelles-Santa Marta-Loño-O Pereiro de Aguiar-Ourense (28,9 km).

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres lectivos.

Casetas de Xunqueira de Espadanedo-Pardeconde-Esgos (9 km).

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres lectivos.

4. Tarifas.

* Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 0,066112 A.

-Tarifa usuario: 0,070740 A.

* Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 0,009917 A.

Contra a citada orde, que pone fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes ante este mesmo órgano ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados, ámbolos dous prazos, a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2002.

María José Bravo Bosch

Directora xeral de Transportes