Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 29 de xullo de 2002 Páx. 11.803

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2002 pola que se aproba a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para a provisión de dúas prazas de técnico especialista en actividades deportivas (grupo II) convocadas por Resolución do 13 de febreiro de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 21 de marzo).

Rematado o prazo de reclamacións contra a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para a provisión de dúas prazas de técnico especialista en actividades deportivas (grupo II), convocadas por Resolución do 13 de febreiro de 2002 (DOG do 21 de marzo), este rectorado, en cumprimento do previsto na base 4.1º da convocatoria, resolve aproba-la lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos que figura a continuación e que está exposta no taboleiro de anuncios do rectorado (rúa da Mestranza, s/n) e no vicerrectorado do Campus de Ferrol (Dr. Vázquez Cabrera, s/n).

De acordo co previsto na base 7.1º convócanse os aspirantes para a realización do primeiro exercicio da oposición que dará comezo ás 17 horas do día 25 de setembro de 2002 no Rectorado da Universidade da Coruña (rúa da Mestranza, s/n), sala de reunións da Xunta de Goberno. Os aspirantes deberán acudir provistos do documento nacional de iden

tidade ou documento legal que acredite a súa identidade.

* Relación de admitidos:

Andújar Larios, María Pilar (DNI 32791384).

Arango Fernández, Yago (DNI 53527849).

Bouza Criado, Xabier (DNI 32663757).

Domínguez Costas, Eva (DNI 36104624).

Francisco Mallo, Caterina de (DNI 44827912).

González Vaamonde, Antonio Ramón (DNI 44089324).

Malvárez Careleos, Aurora (DNI 32804481).

Manzano Fernández, Miguel Ángel (DNI 32831211).

Ojea Alonso, Marta (DNI 33332302).

Puente Rapela, Juan (DNI 32840821).

Río Souto, Carlos Luis del (DNI 53162234).

Río Surribas, Fernando del (DNI 44453070).

Rodríguez Romero, Roberto Juan (DNI 52624056).

Varela Bardanca, Manuel (DNI 52433071).

* Relación de excluídos:

Beltrán Ortiz, Leda Muriel (DNI 46897488).

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 2 de xullo de 2002.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña