Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 26 de xullo de 2002 Páx. 11.762

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización do ámbito da unidade de actuación número 35 do PXOU e rúa de nova apertura entre Loureiro Crespo e Joaquín Costa (rúa Antón Fraguas), promovido por Construcciones y Obras Veteris, Sociedad Limitada.

A Comisión de Goberno, en sesión de un de xullo de dous mil dous, acordou prestar aprobación defi

nitiva ó proxecto de urbanización da unidade de actuación nº 35 do Plan Xeral Municipal de Ordenación Urbana, situada fronte á rúa do Doutor Loureiro Crespo, nº 8, con visado da delegación en Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia de data 2-11-1999, que inclúe un anexo ó proxecto de urbanización, con visado colexial do 14-8-2001 e planos nº 1-1; 1-2; 1-3, de 2 a 18 e documentación complementaria 2, con data de visado colexial de 20-12-2001, así como anexo e planos nº 9, 10, 11 e 14, con visado colexial de 10-4-2002, documentación que anula e substitúe a súa correlativa anteriormente presentada, toda ela redactada polos arquitectos Ignacio e José A. Hermo Túñez, e promovido, mediante iniciativa particular, por Construcciones y Obras Veteris, Sociedad Limitada, o cal inclúe a urbanización da totalidade do vial de nova apertura denominado rúa Antón Fraguas, perpendicular ás rúas Joaquín Costa e Loureiro Crespo.

O que se fai público para a súa executividade, suliñándose que contra este acto administrativo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer ben o recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que o dictou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa modificación, consonte co establecido no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, na redacción dada pola Lei 4/1999, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, conforme o disposto nos artigos 8.1º e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

De se interpoñe-lo recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes segundo se establece no artigo 117.2º da citada Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, entendéndose desestimado polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa, de conformidade co establecido no artigo 43.2º desta Lei 30/1992, podéndose entón interpoñer recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses contado desde o día seguinte daquel no que se deba entender presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, conforme o establecido no artigo 46.1º e 4º da Lei 29/1998.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedentes consonte a dereito.

Pontevedra, 8 de xullo de 2002.

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Teniente alcalde delegado da Área de Urbanismo e Medio Ambiente