Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 26 de xullo de 2002 Páx. 11.759

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CÉDULA do 16 de xullo de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade, pola que se lle notifica a Dolores Mercedes García Rubio o prego de cargos correspondente ó expediente disciplinario que se lle instrúe por acordo do 13 de maio de 2002.

Por medio do presente edicto notifícaselle a Dolores Mercedes García Rubio, auxiliar de enfermería do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, por ter enderezo descoñecido, o seguinte trámite levado a cabo no expediente disciplinario que se lle instrúe:

1. Elaboración do prego de cargos, con data do 16 de xullo de 2002, que se atopa á súa disposición nos locais da Asesoría Xurídica do Hospital Clínico Universitario de Santiago, A Choupana, s/n, edificio B-1ª planta, en Santiago de Compostela, para que a expedientada poida, no prazo de oito días hábiles, exerce-lo seu dereito de visita e presente as alegacións que considere pertinentes na súa defensa.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2002.

P.A.

Susana Carro Varela

Instructora