De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, de pesca fluvial.
O pagamento voluntario porá fin ó expediente, de non efectualo voluntariamente, dispón o interesado dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. O que se lle comunica de acordo coa normativa antes cita
da, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto) e no Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro (DOG do 6 de febreiro), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.
Lugo, 20 de marzo de 2002.
Luis González Vázquez
Delegado provincial de Lugo
ANEXO
Expediente: P-20/2002.
Denunciado: Víctor Manuel Rodríguez García.
DNI: 34270386-H.
Enderezo: r/ Matías López, nº 96-3º, Sarria (Lugo).
Feito denunciado: pescar troitas (1-37,5 cm; 1-17 cm) en época de veda. Feitos constatados o día 16-2-2002, ás 18.40 h no río Ferreira. San Fiz. Portomarín. Lugo.
Precepto sancionador: artigo 34.8º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.
Cualificación: menos grave.
Sanción: 300,51 euros.
Inhabilitación para obte-la licencia de pesca e para o exercicio desta actividade por un período dun ano.
Indemnización por danos e perdas: 48,08 euros.