Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: BEGASA.
Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. para edificio en Outeiro de Rei.
Situación: Outeiro de Rei.
Descricións técnicas: L.M.T.S. a 20 kV con 22 m de lonxitude conductor tipo R.H.Z. C.T. de 250 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V. R.B.T.S. con 122 m de lonxitude conductor tipo R.V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Lugo, 14 de xuño de 2002.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo