Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 26 de xullo de 2002 Páx. 11.733

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 18 de xuño de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/141).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Domicilio social: Nicaragua, 10-3º esqda., A Coruña.

Situación: A Laracha.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV de 162 m de lonxitude en conductor LA-30, con orixe na L.M.T. Fonteseca-Orxeiras-Vilar de Boi e final

no C.T. aéreo de 50 kVA no lugar da Pedra-Golmar e rede de baixa tensión. Concello da Laracha.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos afectados polo procedemento de expropiación forzosa figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e

presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación ou notificación individual.

A Coruña, 18 de xuño de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: liña media tensión a C.T. A Pedra (Golmar)Provincia: A Coruña

Termo municipal: A Laracha

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonºsup.

ocupada

mlonx.

msup. afect.

m

1A CalzadaLaborGelasio Lamas BelloA Pedra-Golmar, 15145 A Laracha. Telf.: 981 60 89 56œ 1 e œ 22105525

2AgraLaborMaría del Carmen

González Vilas

Dorrón-Sanxenxo, 36966

Pontevedra

œ 1 e œ 22105525

3AgraLaborRamón Rodríguez BelloA Pedra-Golmar, 15145

A Laracha

20200

4AgraLaborArturo Rodríguez RodríguezGándara, 15145 A LarachaC.T.238380