Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 24 de xullo de 2002 Páx. 11.590

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala arquitectos, convocado pola Orde do 8 de outubro de 2002 (Diario Oficial de Galicia número 199, do 15 de outubro), pola que se anulan cinco preguntas da primeira proba (test) do primeiro exercicio da fase de oposición e se corrixen erros no modelo de respostas da mesma proba.

En sesión celebrada o día 19 de xullo de 2002, o tribunal adoptou os seguintes acordos:

Detectados erros nas preguntas nº 57, 58, 66, 73 e 88 correspondentes á primeira proba do primeiro exercicio da fase da oposición (test) que poderían condicionar de maneira importante as contestacións destas e para garantir que na dita proba se poñan de manifesto, en todo caso, as condicións de coñecemento e aptitude dos aspirantes, como esixe a normativa vixente, o dito tribunal acorda declarar anuladas y ter como non postas as preguntas anteriormente indicadas.

Así mesmo, procédese a corrixi-los erros detectados no modelo de corrección do test correspondente ó mesmo exercicio, consistente en fixar como respostas correctas das preguntas nº 47, 51 e 82 as respostas D), C) e B), respectivamente, en lugar das respostas A), A) e C) que figuraban inicialmente.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2002.

Antonio Boné Pina

Presidente do tribunal