Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 24 de xullo de 2002 Páx. 11.573

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 15 de xullo de 2002 pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de bolsas correspondentes a diversas accións de formación de investigadores do programa de Recursos Humanos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica e se procede á súa convocatoria.

A Lei 12/1993, de fomento de investigación e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia, no seu artigo 1º, establece como obxectivo xeral o fomento da investigación científica e a innovación tecnolóxica para promove-lo desenvolvemento económico, social e productivo de Galicia. Como unha ferramenta encamiñada ó logro deste obxectivo, a citada lei, no seu capítulo II, crea o Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico. O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 14 de marzo de 2002, aprobou o Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (2002-2005).

O plan está integrado por programas xerais, sectoriais e horizontais. Dentro dos programas horizontais figura o programa de Recursos Humanos que ten entre outros obxectivos o de incrementa-los recursos humanos dedicados a actividades de I+D+I tanto en número como en especialización nas áreas de maior interese.

Na presente orde procédese á convocatoria de diversas accións formativas, que corresponden a este programa de Recursos Humanos, como son as bolsas para estudios de terceiro ciclo e as bolsas predoutorais, así como algunha outra acción, como as estadías fóra da Comunidade Autónoma, que polas súas características se encadran ademais de no programa de Recursos Humanos no programa de Promoción

Xeral da Investigación; a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ten encomendada a xestión e o financiamento de ambos programas.

Polo que antecede, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º

Anualmente convocaranse en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, as bolsas que a continuación se indican, que constitúen accións formativas de investigadores, encadradas fundamentalmente no programa de Recursos Humanos, que se rexerán polas respectivas bases que se inclúen como anexos á presente orde:

1. Prórrogas de bolsas para realizar estudios de doutoramento (anexo I).

2. Bolsas predoutorais (novas adxudicacións e 2ª prórroga. Anexo II).

3. Bolsas para estadías no estranxeiro e en centros españois situados fóra da Comunidade Autónoma (anexo III).

Artigo 2º

As bases que rexen a concesión das axudas e todos cantos actos administrativos se deriven da súa aplicación, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 3º

A competencia para resolve-las diferentes axudas convocadas nesta orde, de acordo co disposto no artigo 72.4º e 78.3º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, é obxecto de delegación, por parte do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento. En consecuencia, as comisións de selección correspondentes elevarán as propostas de resolución ó secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento para que resolva. Estas resolucións publicaranse no DOG.

O prazo máximo para resolve-las solicitudes presentadas ó amparo desta convocatoria, pola secretaría xeral de Investigación e Desenvolvemento será de 6 meses, contado desde a apertura do prazo anual de presentación de solicitudes mediante a publicación da correspondente resolución no DOG. De non mediar resolución expresa no dito prazo as solicitudes deberán entenderse desestimadas.

Contra as resolucións expresas ou presuntas que se deriven desta convocatoria, que poñen fin á vía administrativa, poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo

órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó de recepción da correspondente notificación no caso de resolucións expresas. No caso de que a resolución se entenda desestimatoria por silencio administrativo, o prazo será de tres meses contados a partir do día seguinte ó que se produza o acto presunto.

De non estima-la presentación deste recurso poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó de recepción da correspondente notificación, se a resolución é expresa. No caso de que a resolución se entenda desestimada por silencio administrativo o prazo será de seis meses contados a partir do día seguinte ó que se produza o acto presunto.

Artigo 4º

Os beneficiarios das axudas concedidas ó abeiro do disposto nesta orde quedan obrigados a facilitar toda información que lles sexa requirida pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas e o Tribunal de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control. Así mesmo, os beneficiarios deberán proceder ó reintegro total ou parcial da subvención ou axuda pública percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión.

Artigo 5º

As resolucións de concesión de axudas dictadas ó abeiro da presente orde poderán modificarse no caso de alteración das condicións que se tiveron en conta para a concesión destas.

Artigo 6º

As bases recollidas na presente orde entrarán en vigor ó día seguinte da súa publicación no DOG e terán vixencia ata a finalización do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2002-2005 (PGIDIT). Anualmente, a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública procederá a publicar no DOG unha resolución na que se especificará:

-Prazo de presentación de solicitudes de cada acción e, se é o caso, período de exposición das listas de solicitudes admitidas e excluídas para a presentación de reclamacións.

-Créditos asignados a elas.

-Outros aspectos que se considere necesario actualizar na convocatoria anual.

Artigo 7º

Para a concesión das axudas convocadas nos diferentes anexos desta orde, e polo que respecta á con

vocatoria do presente exercicio, destinaranse os créditos que a seguir se indican, para cada acción, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de

Galicia de acordo coas seguintes anualidades, sendo o prazo de presentación de cada unha delas o que se indica:

Anualidades

AnexoAcciónsPartida orzamentariaPrazo de presentación de solicitudesPrazo de exposición da lista

de admitidos/excluídos

Ano 2002Ano 2003

IBolsas de prórroga de 3º ciclo04.06.432A.480.0

cofinanciada con FSE

30 días naturais a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG-

IIBolsas predoutorais (novas adxudicacións e 2ª prórroga)04.06.432A.480.0

cofinanciada con FSE

30 días naturais a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOGDo 9 ó 19 de setembro1.750.0002.225.000

IIIBolsas para estadías04.06.432A.480.0

cofinanciada con FSE

30 días naturais a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOGDo 4 ó 14 de setembro

Sen embargo, tódalas cantidades antes citadas poderanse incrementar en función das peticións presentadas e de acordo coas dispoñibilidades de créditos.

Todas estas axudas están cofinanciadas polo P.O. integrado de Galicia (FSE) da Unión Europea.

Disposición derradeira

Facúltase o secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento para que dicte as disposicións necesarias para a aplicación do disposto nesta orde.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO I

Prórrogas de bolsas para realizar estudios

de doutoramento

1. Finalidade.

Estas bolsas teñen como finalidade contribuír á realización dos estudios de terceiro ciclo, en universidades do sistema universitario de Galicia, por parte daqueles alumnos que pretendan realizar unha tese de doutoramento, (Real decreto 778/1998, do 30 de abril). Esta actuación realízase en coordinación coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través da Dirección Xeral de Universidades, encargándose esta da convocatoria de bolsas correspondentes ó primeiro ano de estudios de terceiro ciclo (período de docencia) e a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento xestiona as prórrogas das ditas bolsas que corresponden ó segundo ano destes estudios (período de investigación tutelado).

2. Requisitos dos solicitantes.

Poderán solicita-la prórroga aqueles alumnos que resultaron beneficiarios no curso académico anterior a aquel ó que se aplicarán as prórrogas, dunha bolsa de terceiro ciclo, modalidade nova adxudicación, sempre que poidan xustificar un axeitado aproveitamento académico neste período, e estean matriculados durante o curso académico correspondente no segundo ano do programa de estudios do terceiro ciclo impartido nas universidades de Galicia.

3. Contía das bolsas.

O importe total da prórroga da bolsa será establecido na Resolución anual pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes: para o curso 2002-2003 o importe bruto total da bolsa fíxase en 5.760 euros (480 euros mensuais).

4. Período de desfrute.

A duración da prórroga destas bolsas será de 12 meses comprendidos entre os meses outubro a setembro do ano seguinte ó de remate da bolsa de nova adxudicación.

5. Formalización das solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial RHU-01 que se publica como anexo V á presente orde están a disposición dos interesados nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e na Internet nos seguintes enderezos: http://www.sxid.org, http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index/.htm ou http://www.cesga.es/sxid.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992.

As solicitudes deberán ir, inescusablemente, acompañadas da seguinte documentación:

5.1. Informe realizado polo titor sobre o cumprimento académico do solicitante no primeiro ano dos cursos de doutorado (período de docencia).

5.2. Certificación académica de ter superados os créditos do primeiro ano de estudios do terceiro ciclo.

5.3. Declaración do solicitante de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas para o mesmo fin das distintas administracións públicas competentes.

6. Tramitación.

Os servicios da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento comprobarán que tódalas solicitudes reúnen os requisitos establecidos nas presentes bases. No caso de que a documentación achegada estivera incompleta, requirirase o solicitante para que no prazo de dez días a complete ou emende os erros detectados con advertencia de que, de non o facer, se lle considerará desistido da súa solicitude,

e se procederá, logo de resolución, ó arquivo desta sen máis trámite consonte o establecido no artigo 71 da Lei 30/1992.

7. Selección dos candidatos.

7.1. Comisión de selección.

A selección dos bolseiros será efectuada por unha comisión constituída por dous representantes da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento (un deles actuará como presidente e outro como secretario con voz e voto), un representante da Dirección Xeral de Universidades e un representante de cada unha das tres universidades do sistema universitario de Galicia.

7.2. Criterios de selección.

Para que o solicitante poida obte-la prórroga de terceiro ciclo requirirase que teña superado no primeiro ano dos estudios de terceiro ciclo un mínimo de 20 créditos así como que o informe previsto no punto 5.1 das presentes bases sexa favorable.

8. Resolución do concurso.

A comisión elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

9. Condicións de desfrute.

Estas bolsas son incompatibles coa realización dun traballo remunerado ou co desfrute doutro tipo de bolsas ou axudas, salvo co desfrute daquelas bolsas destinadas a cubrir algunha das accións formativas que o solicitante vai realizar segundo o seu programa (asistencia a reunións, congresos, seminarios, cursos de especialización ou estadías noutros centros para aprender ou intercambiar técnicas de investigación).

As bolsas concédense para o curso completo, polo que no caso de renuncia ou revogación o bolseiro deberá reintegra-las cantidades xa aboadas, salvo en casos excepcionais autorizados pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, logo de xustificación dos cursos superados e das actividades de formación realizadas polo bolseiro durante o período anterior á renuncia.

10. Aceptación da bolsa e pagamento.

A aceptación da bolsa farase mediante documento asinado polo bolseiro no que se compromete a cumprir tódalas condicións recollidas nas presentes bases. Os pagamentos iniciaranse despois de que as universidades acrediten que os bolseiros seleccionados están matriculados nos correspondentes programas do terceiro ciclo.

As bolsas aboaranse mensualmente. O pagamento do último mes farase despois de que o bolseiro achegue:

1. Informe favorable do titor en relación co cumprimento por parte do bolseiro das súas obrigas recollidas no punto 11 das presentes bases.

2. Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas para o mesmo fin, tanto as aprobadas ou concedidas, como as pendentes de resolución, das distintas administracións públicas competentes ou de calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

11. Obrigas dos bolseiros. Seguimento da axuda.

Os bolseiros están obrigados a asistir ás clases, seguir con aproveitamento os cursos correspondentes ó seu programa de doutoramento e a realiza-las actividades complementarias de formación que determine o titor. Así mesmo, deberán integrarse nun grupo de investigación no que realizarán actividades de formación, cunha dedicación mínima de 10 horas e unha máxima de 15 horas á semana.

O incumprimento por parte do bolseiro dalgunha das condicións recollidas nas presentes bases suporá a perda da bolsa concedida e, de se-lo caso, o reintegro das cantidades xa cobradas.

Os bolseiros están obrigados a comunicarlle á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento a renuncia á bolsa tan pronto como se produza a causa que determine a dita renuncia.

Ó remata-lo período de aproveitamento das bolsas, e antes do 20 de outubro do ano correspondente, o bolseiro deberá presentar certificación do director do grupo de investigación no que se integrou na que se fagan consta-las actividades de formación realizadas durante o aproveitamento da bolsa.

O incumprimento por parte do bolseiro dalgunha das condicións recollidas nas presentes bases supoñerá a perda da bolsa concedida e, de se-lo caso, o reintegro das cantidades cobradas consonte o establecido no artigo 78 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

ANEXO II

Bolsas predoutorais

Finalidade.

A finalidade principal destas bolsas é o apoio á formación en investigación básica e aplicada daqueles titulados superiores universitarios que desexen realiza-la súa tese de doutoramento nas universidades do sistema universitario de Galicia, nun centro de investigación ou nun centro tecnolóxico radicado na Comunidade Autónoma galega ou, en casos xustificados, noutras universidades.

A. Bolsas de nova adxudicación.

1. Requisitos dos solicitantes.

Para optar a unha destas bolsas serán necesarios os seguintes requisitos:

a) Posuí-la nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea.

b) Ter aprobadas tódalas disciplinas requiridas para a obtención do título de licenciado, de enxeñeiro ou de arquitecto por unha escola técnica superior, incluído o proxecto se o houbese.

c) Ter obtido o título de licenciado nunha universidade do sistema universitario de Galicia. Tamén poderán concorrer aquelas persoas que, sendo galegas, realizaran estudios universitarios fóra de Galicia, sempre que a titulación correspondente non se imparta no sistema universitario de Galicia.

d) Posuír unha media de expediente académico de licenciatura igual ou superior a 1,5, excepto para os estudios técnicos superiores que será de 1.

e) Non ter transcorrido máis de tres anos desde a data de remate dos cursos académicos do programa de doutoramento ó que estea adscrito o solicitante. Admitiranse tamén as solicitudes daqueles que estean matriculados no segundo ano dos ditos estudios no momento de presenta-la súa solicitude.

f) O proxecto de tese, segundo o artigo 7 do Real decreto 778/1998, do 30 de abril, polo que se regula o terceiro ciclo de estudios universitarios, a obtención e expedición do título de doutor e outros estudios de posgrao, deberá ter sido aprobado polo consello de departamento antes do 1 de outubro do ano en que se inicia a bolsa.

g) Non ter desfrutado destas bolsas ou outras homologadas a elas en anteriores convocatorias.

2. Contía das bolsas.

O importe das bolsas incluirá:

2.1. Unha asignación mensual bruta, que se fixará na resolución anual pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes e que para a convocatoria do ano 2002 (curso 2002-2003) será de 905 euros, se ben poderá incrementarse durante o ano 2003 nunha liña tendente á homologación con bolsas estatais no caso de existir crédito adecuado e suficiente.

2.2. Seguro de asistencia médica e seguro combinado de accidentes, que se imputará á mesma aplicación orzamentaria que as bolsas.

O seguro de asistencia médica será extensible, de se-lo caso, ó cónxuxe e fillos do beneficiario cando estes carezan de Seguridade Social.

3. Período de desfrute.

3.1. A duración destas bolsas é de 12 meses comprendidos entre o 1 de outubro do ano ó que se refire a correspondente convocatoria e o 30 de setembro do ano seguinte.

3.2. Ós adxudicatarios destas bolsas de nova adxudicación prorrogaráselle-la bolsa automaticamente por un período de 12 meses, logo de presentación, antes do 1 de xuño do ano seguinte ó de obtención da bolsa de nova adxudicación, da seguinte documentación:

-Memoria das actividades académicas e investigadoras realizadas durante o período transcorrido

en que desfrutou da bolsa de nova adxudicación e plan de traballo durante a prórroga solicitada. Deberá ir asinada polo bolseiro e co visto e prace do director/es do proxecto de investigación.

-Informe (en papel oficial ou con selo do correspondente centro/departamento), do director/es no que se confirme que as actividades realizadas polo bolseiro durante o período de desfrute da bolsa, en relación coa adquisición de contidos e destrezas de investigación, foron adecuadas.

-Declaración do solicitante de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas, para o mesmo fin, das administracións públicas competentes.

O importe mensual das prórrogas equipárase ó das bolsas de nova adxudicación que se convoquen para o ano correspondente.

3.3. En función das dispoñibilidades orzamentarias poderase conceder unha segunda prórroga de seis meses, de acordo coas bases que se fixan no punto B do presente anexo.

4. Centros de aplicación e distribución da bolsa.

As bolsas están destinadas á realización da tese de doutoramento nalgún dos centros que a seguir se relacionan, indicándose así mesmo as bolsas que se convocan para o curso 2002-2003. Nas sucesivas convocatorias, na orde pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes, establecerase o número de bolsas convocadas en cada modalidade.

a) Centros de investigación de Galicia, departamentos e institutos universitarios das universidades do sistema universitario de Galicia ou, nos casos debidamente xustificados, doutras universidades. Neste punto concederanse, para o curso 2002-2003, as seguintes bolsas:

-Programa xeral: 90 bolsas.

-Programas sectoriais:

* Sociedade da información (formación encamiñada á elaboración de aplicacións innovadoras para o sector productivo): 6 bolsas.

* Biotecnoloxías mariñas: 6 bolsas:

-Xenética molecular: 3 bolsas.

-Patoloxía e inmunoloxía: 2 bolsas.

-Proteómica: 1 bolsa.

b) Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM): 1 bolsa.

c) Estación de Viticultura e Enoloxía de Leiro: 1 bolsa.

d) Centro de Investigacións Forestais e Ambientais de Lourizán: 3 bolsas.

e) CIS-Tecnoloxía e Deseño: 1 bolsa.

f) (ANFACO-Cecopesca) Centro Tecnolóxico Nacional de Conservación de Productos de Pesca: 1 bolsa.

g) CESGA: 1 bolsa.

h) Cluster de Acuicultura de Galicia: 1 bolsa.

5. Formalización das solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial RHU-02 do que a carátula externa se publica como anexo VI á presente orde, están a disposición dos interesados nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e en Internet nos enderezos http:/www.sxid.org, http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ou http://www.cesga.es/sxid). As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992.

As solicitudes deberán ir, inescusablemente, xunto coa seguinte documentación:

5.1. Certificación académica detallada na que figuren as cualificacións obtidas, as súas datas de obtención e o número exacto de convocatorias investidas en cada materia (orixinal ou fotocopia compulsada). Non serán válidas as certificacións extractadas do expediente académico do solicitante.

No caso de estudios validados, deberá presentarse así mesmo certificación académica, de idénticas características, para os estudios de orixe.

Os que acceden ó 2º ciclo dunha licenciatura a través do curso de adaptación correspondente, por estaren en posesión dun título de diplomado ou por ter realizado o 1º ciclo dalgunha titulación que permita o acceso, para efectos de determina-la media do expediente académico, deberán xuntar, ademais da certificación correspondente ó curso de adaptación, 4º e 5º, a referente á diplomatura ou ós estudios de 1º ciclo realizados.

Os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros non estatais deberán estar validados na data de remate do prazo de presentación das solicitudes.

A certificación incluirá, se é o caso, a cualificación correspondente á tesiña de licenciatura e indicará expresamente que se obtivo o grao pola modalidade de tesiña e o título desta.

Se o solicitante non obtivo o título de licenciado nunha universidade do sistema universitario de Galicia, deberá acreditar, así mesmo, a condición de galego (conforme o establecido no punto 1 c) das presentes bases, estas solicitudes só serán admitidas se a titulación non se imparte no sistema universitario de Galicia).

5.2. Proxecto do traballo de investigación que se vai realizar para a obtención do grao de doutor avalado polo director/es deste (orixinal ou copia compulsada). No proxecto farase mención específica dos obxectivos, dos contidos básicos do traballo e das estratexias específicas de análise e indagación que se van utilizar.

5.3. Certificación, segundo o modelo incluído no impreso de solicitude, expedida polo secretario do

correspondente departamento universitario, na que conste a admisión do proxecto por parte do consello de departamento, o director do proxecto de tese e o nome do titor, no caso de que este non sexa o director da tese. Se o interesado aínda non dispón deste documento presentará o compromiso de entregalo tan pronto como se produza a súa aprobación. En todo caso, o dito documento deberá presentarse antes do 1 de outubro do ano en que se inicia o desfrute da bolsa.

5.4. No caso de que se solicite unha bolsa para realiza-la tese de doutoramento nun centro universitario de fóra de Galicia, deberá achegarse un informe das razóns que xustifican a súa realización fóra do ámbito territorial da comunidade autónoma.

5.5. Certificación académica orixinal ou fotocopia compulsada na que conste a superación do primeiro ano dos estudios de terceiro ciclo así como as cualificacións correspondentes.

5.6. Declaración xurada do solicitante na que conste que cumpre o requisito establecido no punto 1 g).

5.7. Declaración do solicitante de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas para o mesmo fin, das distintas administracións públicas competentes.

6. Tramitación.

Os servicios da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento comprobarán que tódalas solicitudes reúnen os requisitos establecidos na presente orde e exporase a lista das solicitudes admitidas e excluídas, sinalando, se é o caso, as causas de exclusión, nos taboleiros da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, e en Internet nos enderezos http:/www.sxid.org; http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ou http://www.cesga.es/sxid. Esta lista estará exposta, nas datas que se sinalen na resolución anual pola que se abre o prazo de solicitudes, podendo os interesados, durante ese prazo, formular reclamación para emendar erros e faltas de documentos, ante a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, achegando, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión procederase conforme o establecido no artigo 71 da Lei 30/1992. Para o presente exercicio, o prazo é o sinalado na táboa recollida no artigo

7º da presente orde.

7. Selección de candidatos.

7.1. Comisión de selección.

A selección de candidatos será efectuada pola Comisión de Selección de Investigación creada polo Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro.

7.2. Criterios xerais de selección.

A selección de bolseiros farase en función dos méritos acreditados nos puntos 5.1 e 5.4.

As solicitudes recibidas agruparanse en 5 áreas:

-Ciencias experimentais e matemáticas.

-Ciencias tecnolóxicas e informática.

-Medicina e ciencias da saúde.

-Ciencias sociais.

-Humanidades.

A adscrición das diferentes carreiras académicas a estas áreas aparece recollida no anexo IV da presente orde.

7.3. Baremación de solicitudes:

a) Expediente académico de 1º e 2º ciclo (media licenciatura).

As cualificacións de 1º e 2º ciclo (estudios de licenciatura) valoraranse de acordo co seguinte baremo:

Matricula de honra: 4 puntos.

Sobresaliente: 3 puntos.

Notable: 2 puntos.

Aprobado: 1 punto.

Suspenso/non presentado: 0 puntos

b) Estudios de terceiro ciclo (media cursos doutoramento). Valoraranse, para os solicitantes que realizaron os ditos estudios conforme o establecido no Real decreto 185/1985, do 23 de xaneiro, tódolos créditos realizados no primeiro ano dos estudios do terceiro ciclo ata un máximo de 16 créditos, e para os solicitantes que realizaron os estudios de terceiro ciclo conforme o establecido no Real decreto 778/1998, do 30 de abril, o número de créditos que se valorarán é de 20 que comprenden o primeiro ano dos ditos estudios, de acordo co mencionado real decreto.

Utilizarase o seguinte baremo:

Sobresaliente: 3 puntos.

Notable. 2 puntos.

Aprobado: 1 punto.

c) Tesiña de licenciatura (nota tesiña). Utilizarase o mesmo baremo do punto anterior.

d) A puntuación total de cada solicitante obterase a partir da seguinte fórmula:

Media licenciatura (Media cursos doutoramento)

Media final= +B +Cx(nota tesiña)

MLMTER

Onde:

B e C son dous coeficientes establecidos pola comisión con valor comprendido entre 0 e 1. ML, MTER representan as medias de licenciatura, de terceiro ciclo, respectivamente, de cada unha das cinco áreas indicadas no punto 7.2 obtidas a partir de datos estatísticos.

e) Para aquelas solicitudes que supoñan a realización da tese de doutoramento nun centro universitario de fóra de Galicia, a comisión deberá avaliar previamente o informe indicado no punto 5.4; e se non se considera xustificada, a petición será rexeitada. No caso de ser aceptada valorarase na forma descrita nos puntos anteriores.

f) Os solicitantes de bolsas de predoutoramento de nova adxudicación ordenaranse por orde decre

cente de media final, en función do tipo de bolsa solicitada (centros universitarios: programa xeral ou programa sectorial; outros centros), e adxudicaranse as bolsas comezando polo candidato de maior puntuación.

A comisión elaborará unha lista de suplentes, en cada modalidade, por orde decrecente de puntuación, na que figurarán os solicitantes que, cumprindo os requisitos, non acadaron puntuación suficiente para ser adxudicatario de bolsa.

Os solicitantes que figuren na lista de suplentes só poderán acadar bolsa de se produciren renuncias de bolseiros antes do 31 de marzo do curso correspondente.

8. Resolución do concurso.

A Comisión de Selección de Investigación elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

9. Condicións de desfrute.

Estas bolsas son incompatibles coa realización dun traballo remunerado ou o desfrute doutro tipo de bolsas ou axudas financiadas con fondos públicos ou privados, salvo co desfrute daquelas bolsas que se convocan para cubrir algunha das accións formativas que o solicitante vai realizar segundo o seu proxecto (asistencia a reunións, congresos, seminarios e cursos de especialización ou estadías noutros centros para aprender ou intercambiar técnicas de investigación), así como cos contratos derivados do artigo 11.2º da Lei de fomento e coordinación xeral da investigación científica e técnica (Lei 13/1986, do 14 de abril) ou da Lei de fomento de investigación e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia (Lei 12/1993, do 6 de agosto).

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento poderá conceder, só en casos excepcionais, interrupcións no aproveitamento da bolsa por petición razoada do interesado, logo de informe do seu director de tese.

As interrupcións non poderán ser nunca superiores a 6 meses ó longo da duración da bolsa e as posibles renovacións e non darán lugar en ningún caso á posibilidade de recupera-lo período interrompido.

Así mesmo, no caso de maternidade poderá concederse, logo de petición, unha interrupción de ata un máximo de 4 meses, reducíndose a contía da bolsa no dito período a un 75%.

No momento en que algún dos beneficiarios destas bolsas realice a lectura da súa tese de doutoramento deberá comunicarllo á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento; se o escrito vén acompañado dun informe do director da tese dando conta de que o doutorando participa noutras tarefas de investigación do grupo poderase, por parte da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, autoriza-la continuación do desfrute da bolsa ata o remate do período para o que se lle concedeu.

10. Aceptación da bolsa e pagamento.

10.1. A aceptación da bolsa farase mediante documento asinado polo bolseiro, no que se comprometa

a cumprir tódalas condicións recollidas nas presentes bases. Antes de inicia-los pagamentos os bolseiros deberán acreditar ter obtido un mínimo de 32 créditos nos estudios de terceiro ciclo, así como a presentación dunha declaración xurada na que conste que non realiza traballo remunerado nin desfruta doutro tipo de bolsa.

10.2. As bolsas aboaranse mensualmente. O pago do último mes farase despois de que o bolseiro presente:

-O informe final que resuma a totalidade do traballo realizado co visto e prace do director do traballo.

-Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas para o mesmo fin, tanto as aprobadas ou concedidas, como as pendentes de resolución, das distintas administracións públicas competentes ou de calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

11. Obrigas dos bolseiros. Seguimento da axuda.

Os bolseiros estarán obrigados a cumprir con aproveitamento as distintas etapas do proxecto de investigación, debendo axustarse ás normas propias do departamento ou centro de investigación onde aquel se realice, con dedicación exclusiva a súa función.

Antes de finaliza-lo segundo trimestre do período de desfrute da bolsa, deberán remitir á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento un informe do traballo realizado ata o momento. Para poder percibi-la última mensualidade deberán remite-lo informe final que resuma a totalidade do traballo realizado incluíndo, se é o caso, copia dos traballos publicados. Nos informes deberá figura-lo visto e prace do director do proxecto.

Os bolseiros adscritos á universidade poderán dedicar ata un máximo de 60 horas durante o curso académico á colaboración en actividades docentes con fins formativos, limitadas a ensinanzas prácticas ou suplencias non superiores neste caso a 5 horas, logo de conformidade entre o director do traballo e o departamento implicado. Esta colaboración non suporá, en ningún caso, a asunción polo bolseiro das responsabilidades que corresponden ó profesorado. A concesión e desfrute dunha bolsa non establece relación contractual ou estatutaria co centro ó que quede adscrito o beneficiario, nin implica por parte do organismo receptor ningún compromiso en canto á posterior incorporación do interesado ó cadro de persoal deste.

Agás no caso das bolsas concedidas para realiza-la tese fóra de Galicia, os bolseiros están obrigados a residir na Comunidade Autónoma salvo durante os períodos de formación ós que expresamente se lle autorice.

O bolseiro está obrigado a notificar á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento a data de defensa da súa tese e a cualificación obtida. No suposto de que non realice a defensa da tese deberá notificalo igualmente á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento indicando as causas que motivaron a dita circunstancia.

O incumprimento por parte do bolseiro dalgunha das condicións recollidas nas presentes bases supoñerá a perda da bolsa concedida e, de se-lo caso, o reintegro das cantidades cobradas consonte o establecido no artigo 78 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

B. Segunda prórroga das bolsas predoutorais.

1. Aqueles bolseiros que están a disfrutar da primeira prórroga, poderán solicitar para o ano académico seguinte unha nova prórroga, como máximo de 6 meses (comprendidos entre o 1 de outubro do ano ó que se refire a convocatoria e o 31 de marzo do ano seguinte sempre que aínda non rematasen a súa tese de doutoramento).

2. As solicitudes, no modelo oficial RHU-03, do que a carátula externa se publica como anexo VII á presente orde está, a disposición dos interesados nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, e en Internet nos enderezos http://www.sxid.org, http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ou http://www.cesga.es/sxid.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992.

As solicitudes deberán ir, inescusablemente, acompañadas da seguinte documentación:

2.1. Memoria, máximo 3 folios, do estado actual do proxecto de tese. Presentarase co visto e prace do director do proxecto de investigación.

2.2. Relación de comunicacións a congresos e publicacións referentes ó tema da tese realizados durante o período de desfrute da bolsa. Documentaranse mediante fotocopia das correspondentes publicacións.

2.3. Certificación (en papel oficial e/ou co selo do correspondente centro/departamento) do director/es da tese na que conste que esta non está rematada e se encontra en estado avanzado de execución.

2.4. Declaración de tódalas solicitudes de bolsas efectuadas ou concedidas para o mesmo fin, das distintas administracións públicas competentes.

3. Tramitación:

Os servicios administrativos da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento procederán á revisión das solicitudes presentadas comprobando se é correcta a documentación achegada. En caso contrario requirirase o solicitante para que achegue a documentación complementaria ou emende os erros detectados, no prazo de dez días, advertíndolle que, de non facelo, procederase conforme o establecido no artigo 71 da Lei 30/1992.

4. A selección dos bolseiros realizarase pola Comisión de Selección de Investigación creada polo Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro, en función dos

méritos acreditados en relación co establecido no punto 2.2 das presentes bases. A Comisión elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

5. Ás solicitudes de 2ª prórroga seralles de aplicación o sinalado nos puntos 2 e 9 do punto A.

6. Aceptación da bolsa e pagamento.

6.1 A aceptación da bolsa farase mediante documento asinado polo bolseiro, no que se comprometa a cumprir tódalas condicións recollidas nas presentes bases. Así mesmo, o bolseiro presentará declaración xurada na que conste que non realiza traballo remunerado nin desfruta doutro tipo de bolsa.

6.2. As bolsas aboaranse mensualmente. O pagamento do último mes farase despois de que o bolseiro achegue:

-O informe final que resuma a totalidade da actividade realizada co visto e prace do director do traballo.

-Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas para o mesmo fin, tanto as aprobadas ou concedidas, como as pendentes de resolución, das distintas administración públicas competentes ou de calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

7. Obrigas dos bolseiros. Seguimento da axuda.

Os bolseiros estarán obrigados a cumprir con aproveitamento as distintas etapas do proxecto de investigación, debendo axustarse ás normas propias do departamento ou centro de investigación onde aquel se realice, con dedicación exclusiva á súa función.

Para poder percibi-la última mensualidade da bolsa deberán remiti-lo informe final que resuma a totalidade do traballo realizado incluíndo, se procede, copia dos traballos publicados. No informe deberá figura-lo visto e prace do director do proxecto.

Os bolseiros adscritos á universidade poderán dedicar ata un máximo de 20 horas durante o período da prórroga á colaboración en actividades docentes con fins formativos, limitadas a ensinanzas prácticas ou suplencias non superiores, neste caso, a 3 horas, logo de conformidade entre o director do traballo e o departamento implicado. Esta colaboración non suporá, en ningún caso, a asunción polo bolseiro das responsabilidades que corresponden ó profesorado. A concesión e aproveitamento dunha bolsa non establece relación contractual ou estatutaria co centro ó que quede adscrito o beneficiario, nin implica por parte do organismo receptor ningún compromiso en canto á posterior incorporación do interesado ó cadro de persoal deste.

Agás no caso das bolsas concedidas para realiza-la tese fóra de Galicia, os bolseiros están obrigados a residir na Comunidade Autónoma salvo durante os períodos de formación ós que expresamente se lle autorice.

O incumprimento por parte do bolseiro dalgunha das condicións recollidas nas presentes bases supoñerá a perda da bolsa concedida e, de se-lo caso, o reintegro das cantidades cobradas consonte o establecido no artigo 78 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

ANEXO III

Bolsas para estadías no estranxeiro e en centros españois situados fóra da Comunidade Autónoma

1. Finalidade.

Estas axudas teñen como finalidade favorece-la actualización de coñecementos, a adquisición de novas técnicas de investigación, así como completa-la formación dos investigadores de Galicia mediante a súa incorporación temporal a centros de investigación de fóra de Galicia, establecendo ademais relacións de interese entre ambas partes.

2. Modalidades.

As solicitudes de axuda refírense a algunha das seguintes modalidades:

Modalidade A. Estadías de ata 6 meses de duración de investigadores pertencentes a centros públicos de investigación de Galicia cunha situación profesional establecida e experiencia investigadora.

Modalidade B. Estadías posdoutorais de ata 12 meses de duración para doutores recentes.

Modalidade C. Estadías de ata 3 meses de duración, de bolseiros predoutorais da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e asimilados.

3. Requisitos dos solicitantes:

3.1. Requisitos xerais:

-Posuí-la nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea.

3.2. Requisitos específicos da modalidade A.

-Investigadores con vinculación laboral a un centro público de investigación da Comunidade Autónoma: persoal numerario, contratado laboral e outras figuras equivalentes.

3.3. Requisitos específicos da modalidade B.

-Persoas que acadaron o título de doutor nos tres anos anteriores á data límite de presentación de solicitudes e non obtiveran nese período bolsa para realizar unha estadía fóra de Galicia.

3.4. Requisitos específicos da modalidade C.

-Bolseiros predoutorais da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e bolseiros que teñan acadada a suficiencia investigadora (prevista no Real decreto 778/1998, do 30 de abril, polo que se regula o terceiro ciclo de estudios universitarios, a obtención e expedición do título de doutor e outros estudios de posgrao) e estean adscritos a centros públicos de investigación situados en Galicia sempre que a bolsa que desfrutan non considere na propia

convocatoria a posibilidade de dotación adicional para estadía fóra da Comunidade Autónoma.

4. Contía das bolsas.

O importe da bolsa comprenderá:

4.1. Unha axuda institucional para gastos de desprazamento e seguro combinado de accidentes, durante o período de desfrute.

4.2. Unha asignación mensual bruta que estará comprendida entre 600 euros e 1.500 euros segundo as circunstancias do lugar, a experiencia profesional do solicitante.

5. Período de desfrute.

A estadía para a que se solicita a axuda se é de duración inferior a 3 meses deberá desfrutarse integramente no ano ó que se refire a convocatoria correspondente. As estadías de duración superior a 3 meses deberán iniciarse como moi tarde o 1 de outubro dese ano.

6. Formalización das solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial RHU-04, do que a carátula externa se publica como anexo VIII á presente orde, están á disposición dos interesados nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, e en Internet nos enderezos http://www.sxid.org, http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ou http://www.cesga.es/sxid.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992.

As solicitudes deberán ir, inescusablemente, xunto coa seguinte documentación:

6.1. Fotocopia do DNI ou doutro documento que acredite a nacionalidade do solicitante.

6.2. Documento acreditativo de pertenza a algunha das categorías indicadas nos puntos 3.2, 3.3 e 3.4 das presentes bases. No caso de persoal interino ou contratado o dito documento deberá estar vixente na data de peche da convocatoria. Naqueles casos nos que a categoría do solicitante non leve implícita a condición de doutor, esta, de se-lo caso, deberá acreditarse.

Os solicitantes que concorran ás modalidades A e B entregarán unha relación das 5 publicacións máis salientables dos 3 últimos anos. Documentarase mediante fotocopia da primeira páxina da publicación ou daquela na que figuren os datos salientables desta (autor/es, título, editorial, revista, etc.). No caso de solicitantes que sexan doutores unicamente vinculados a un equipo de investigación, das publicacións achegadas deberá deducirse a súa vinculación co director do grupo de investigación que expide a certificación á que se refire o punto 6.4.

Os solicitantes que concorran á modalidade C entregarán especificamente certificación académica da licenciatura e dos estudios de terceiro ciclo.

6.3. Plan de traballo no que se faga consta-lo calendario e programa das actividades que se van realizar. No caso de bolseiros de investigación presentarase co visto e prace do director que asume a supervisión da actividade investigadora do solicitante.

6.4. Autorización para realiza-la estadía acreditada mediante:

-Certificación expedida polo secretario do departamento, no caso de solicitantes vinculados á universidade (vinculación laboral ou bolseiros), facendo referencia ó correspondente acordo do consello de departamento.

-Certificación expedida polo director do centro de investigación, no caso de solicitantes vinculados a outros centros de investigación.

-Certificación expedida polo director do grupo de investigación ó que pertence o solicitante, no caso de doutores con vinculación unicamente a un grupo de investigación.

6.5. Aceptación do centro onde se vai desenvolve-lo traballo.

6.6. Declaración das solicitudes efectuadas ou concedidas, para a mesma estadía polas distintas administracións públicas.

7. Tramitación.

Por parte dos servicios da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento comprobarase que tódalas solicitudes reúnen os requisitos establecidos na presente orde e exporase a lista de solicitudes admitidas e excluídas, sinalando, se é o caso, as causas de exclusión, nos taboleiros da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, e en Internet nos enderezos http://www.sxid.org, http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ou http://www.cesga.es/sxid. Esta lista estará exposta nas datas que se indiquen na resolución anual pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes, podendo os interesados, durante ese prazo, formular reclamación para emendar erros e faltas de documentos, ante a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, achegando, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión procederase conforme o establecido no artigo 71 da Lei 30/1992. Para o presente exercicio, o prazo é o que se

sinala na táboa recollida no artigo 7º da presente orde.

8. Selección de candidatos.

A avaliación das solicitudes farase conforme os seguintes criterios:

8.1. Comisión de selección.

A selección de candidatos será efectuada pola Comisión de Selección de Investigación creada polo Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro.

8.2. Criterios xerais de selección.

a) Méritos ós que se refire o punto 6.2. (para os solicitantes das modalidades A e B). Valoraranse

as cinco publicacións dos últimos tres anos de acordo coa seguinte fórmula:

Ax3+Bx2+Cx1

5

Onde A refírese ó número de publicacións con difusión internacional, B ó número de publicacións con difusión nacional e C ó número de publicacións de difusión local.

b) Plan de traballo e o seu interese, segundo o establecido no punto 6.3.

c) A Comisión poderá darlle prioridade a:

-Aquelas solicitudes que supoñan a realización dun traballo de investigación que se encadre nos programas prioritarios do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica, sen supera-lo 20% do orzamento destinado a esta acción.

Do total de bolsas que propoña a comisión na modalidade B, sempre que existan solicitudes, un mínimo de 6 bolsas serán para Sociedade da Información e outras 6 para biotecnoloxía mariñas, nos seguintes ámbitos:

* Biotecnoloxías mariñas:

-Xenética molecular: 3 bolsas.

-Patoloxía e inmunoloxía: 2 bolsas.

-Proteómica: 1 bolsa.

-A estadías fóra de Europa de duración superior a 1 mes.

-A estadías fóra de España e Portugal de duración superior a 15 días.

-Ás persoas que non resultaron beneficiarias dunha destas bolsas nas resolucións dos dous anos anteriores á convocatoria de que se trate.

d) A Comisión de Selección de Investigación acordará a puntuación total mínima esixida para cada unha das categorías descritas no punto 3 para ter dereito á bolsa.

9. Resolución do concurso.

A Comisión de Selección de Investigación elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para que resolva e elaborará, de se-lo caso, unha lista de suplentes para posibles renuncias. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

10. Condicións de desfrute.

Os beneficiarios das bolsas están obrigados a comunicarlle á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento a data de incorporación ó centro de destino e unha vez incorporados deberán encontrarse, en todo momento, en condicións de xustifica-lo seu labor asiduo no devandito centro. Calquera interrupción ou aprazamento do período de desfrute, dentro do prazo sinalado no punto 5 das presentes bases, deberá ser previamente autorizado pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvol

vemento; non obstante, para aquelas bolsas que se desenvolvan en dous exercicios orzamentarios distintos, non poderán autorizarse modificacións que supoñan incrementa-lo crédito necesario nalgunha das anualidades previstas na concesión.

Non se admitirán cambios nos centros de destino salvo circunstancias excepcionais que así o aconsellen, logo de informe favorable, en todo caso, dos dous centros afectados.

Tódolos bolseiros deberán presentar un informe final do traballo realizado, que deberá incluí-la copia dos traballos eventualmente publicados e mailo informe do director do centro de destino sobre o traballo realizado, con indicación expresa do tempo de permanencia no centro. No caso dos bolseiros de investigación incluídos no punto 2.2.d), o informe final presentarase co visto e prace do director do traballo.

O incumprimento de calquera dos compromisos contraídos polo beneficiario poderá dar lugar, se é o caso, á supresión da axuda concedida e á reclamación das cantidades xa pagadas.

En calquera momento a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento poderá reclamar do centro receptor un informe sobre o labor realizado polo bolseiro.

11. Aceptación da bolsa e pagamento.

11.1. A aceptación da bolsa farase mediante documento asinado polo bolseiro no que se compromete a cumprir todas e cada unha das condicións recollidas nas presentes bases; así mesmo entregarase declaración xurada na que conste que non dispón doutra bolsa para o mesmo fin.

11.2. As bolsas aboaranse mensualmente, quedando pendente a última mensualidade ata a xustificación final da estadía mediante a presentación dos documentos requiridos no punto 10 das presentes bases. Xunto coa primeira mensualidade aboarase a axuda institucional. Poderase realiza-lo pagamento total da estadía nunha soa vez se o bolseiro acredita a realización total desta.

12. Publicación dos resultados obtidos.

Os resultados obtidos con ocasión do desfrute da bolsa serán propiedade dos seus autores, que, no caso de facelos públicos, deberán facer consta-la axuda recibida da Xunta de Galicia e terán que enviarlle á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento un exemplar da publicación na que se recolla.

13. Incidencias.

As renuncias que se produzan poderán ser substituídas pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento de acordo coa lista de reserva, se a houbese.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento resolverá tódalas dúbidas e incidencias que puideran xurdir na aplicación da presente convocatoria.

ANEXO IV

Ciencias experimentais e matemáticas

Licenciado en bioloxía.

Licenciado en bioquímica.

Licenciado en ciencia e tecnoloxía dos alimentos (só de 2º ciclo).

Licenciado en ciencias ambientais.

Licenciado en ciencias do mar.

Licenciado en ciencias e técnicas estatísticas (só de 2º ciclo).

Licenciado en física.

Licenciado en matemáticas.

Licenciado en química.

Licenciado en xeoloxía.

Ciencias tecnolóxicas e informática

Arquitecto.

Enxeñeiro aeronáutico.

Enxeñeiro agrónomo.

Enxeñeiro de camiños, canais e portos.

Enxeñeiro en electrónica (só de 2º ciclo).

Enxeñeiro industrial.

Enxeñeiro de materiais (só de 2º ciclo).

Enxeñeiro en informática.

Enxeñeiro de minas.

Enxeñeiro de montes.

Enxeñeiro naval e oceánico.

Enxeñeiro en organización industrial (só 2º ciclo).

Enxeñeiro en automática e electrónica industrial (só 2º ciclo).

Enxeñeiro químico.

Enxeñeiro en telecomunicación.

Enxeñeiro en xeodesia e cartografía (só de 2º ciclo).

Licenciado en máquinas navais (só de 2º ciclo).

Licenciado en náutica e transporte marítimo (só de 2º ciclo).

Licenciado en radioelectrónica naval (só de 2º ciclo).

Medicina e ciencias da saúde

Licenciado en farmacia.

Licenciado en medicina.

Licenciado en odontoloxía.

Licenciado en veterinaria.

Ciencias sociais

Licenciado en administración e dirección de empresas.

Licenciado en ciencias actuariais e financeiras (só de 2º ciclo).

Licenciado en ciencias da actividade física e do deporte.

Licenciado en ciencias políticas e da administración.

Licenciado en comunicación audiovisual.

Licenciado en dereito.

Licenciado en documentación (só de 2º ciclo).

Licenciado en economía.

Licenciado en investigación e técnicas de mercado (só de 2º ciclo).

Licenciado en pedagoxía.

Licenciado en psicopedagoxía (só de 2º ciclo).

Licenciado en psicoloxía.

Licenciado en publicidade e relacións públicas.

Licenciado en socioloxía.

Licenciado en xornalismo.

Humanidades

Licenciado en antropoloxía social e cultural (só de 2º ciclo).

Licenciado en belas artes.

Licenciado en filoloxía alemana.

Licenciado en filoloxía árabe.

Licenciado en filoloxía catalana.

Licenciado en filoloxía clásica.

Licenciado en filoloxía eslava.

Licenciado en filoloxía francesa.

Licenciado en filoloxía galega.

Licenciado en filoloxía hebrea.

Licenciado en filoloxía hispánica.

Licenciado en filoloxía inglesa.

Licenciado en filoloxía italiana.

Licenciado en filoloxía portuguesa.

Licenciado en filoloxía románica.

Licenciado en filoloxía vasca.

Licenciado en filosofía.

Licenciado en xeografía.

Licenciado en historia.

Licenciado en historia da arte.

Licenciado en historia e ciencia da música.

Licenciado en humanidades.

Licenciado en teoría da literatura e literatura comparada (só de 2º ciclo).

Licenciado en lingüística (só de 2º ciclo).

Licenciado en traducción e interpretación.