Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 23 de xullo de 2002 Páx. 11.564

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

EMALCSA

ANUNCIO de selección de persoal.

En cumprimento do principio de publicidade establecido ó abeiro do artigo 302 da Lei 5/1997, da Administración local de Galicia, Emalcsa publica o seguinte anuncio de selección de persoal.

1. Obxecto:

Convócanse as probas selectivas para cubrir dúas prazas de técnico de primeira en cartografía e dúas de programador informático de primeira, segundo o sistema de concurso-oposición.

2. Requisitos mínimos esixidos:

-Técnico de primeira en cartografía: estar en posesión do título de formación profesional de segundo grao en delineación, ou de grao superior na familia de edificación e obra civil. Experiencia mínima de 2 anos en posto similar.

-Programador informático de primeira: estar en posesión do título de formación profesional de segundo grao na rama de informática de xestión, ou de grao superior na familia profesional de informática, rama desenvolvemento de aplicacións informáticas. Coñecementos do inglés a nivel de traducción. Coñecementos do galego escrito e falado. Experiencia mínima de tres anos en: sistemas operativos Unix e Windows, sistemas ofimáticos Office, linguaxe de programación Cobol e procedementos Shell Scripts.

Estes requisitos deberanse posuír no momento de finaliza-lo prazo de presentación de solicitudes e xustificarse documentalmente.

3. Prazo e lugar de presentación de solicitudes:

Os interesados que cumpran os requisitos mínimos establecidos e que desexen participar nas probas selectivas, poderán consulta-las bases da convocatoria na Secretaría de Emalcsa, rúa Dr. Enrique Hervada, 4, 15006 A Coruña, no horario de 9 a 13 horas, de luns a venres.

A presentación das solicitudes farase, segundo o modelo oficial de instancia incluído nas bases da convocatoria, xuntando a documentación requirida, nas nosas oficinas, no mesmo enderezo e horario anteriormente indicados, nos 15 días naturais seguintes ó da publicación oficial da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

As bases completas e os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse unicamente no taboleiro de anuncios das oficinas centrais de Emalcsa.

4. Comezo das probas:

En ningún caso se realizarán antes de 25 días contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 5 de xullo de 2002.

José Antonio Orejón Pajares

Director-xerente de Emalcsa