Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 23 de xullo de 2002 Páx. 11.559

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación dos estatutos da Asociación Profesional de Inspectores Médicos e Inspectores Farmacéuticos, de Carrera de la Comunidad Autónoma de Galicia, que no sucesivo, e en virtude da dita modificación se denominará Asociación Profesional de Inspección de Servicios Sanitarios de la Comunidad Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os

efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o día 13 de xuño de 2002, certificación expedida pola secretaria da devandita asociación, Ana María Sánchez Fernández, avalada co visto e prace do presidente, José Alija Rodríguez, na que se reflicte as modificacións estatutarias da Asociación Profesional de Inspectores Médicos e Inspectores Farmacéuticos, de Carrera, de la Comunidad Autónoma de Galicia, que no sucesivo, e en virtude da dita modificación se denominará Asociación Profesional de Inspección de Servicios Sanitarios de la Comunidad Autónoma de Galicia, cambiando así mesmo o artigo 6 dos estatutos referente ós requisitos para ser membro da asociación.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2002.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral Relacións Laborais