Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 23 de xullo de 2002 Páx. 11.558

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 1 de xullo de 2002, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente sancionador PESAN1 1999/000205-1.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a resolución de recurso de alzada do expediente instruído por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

O interesado dispón dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para examina-lo expediente e interpoñer, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

O expediente relacionado a seguir atópase á disposición do interesado na citada Delegación Territorial da Coruña, Ramón y Cajal s/n, 5ª planta.

Nº de expediente: PESAN1 1999/000205-1.

Denunciado: Jorge García Gándara.

DNI: 32627013.

Enderezo: r/ Castelao, 39-3ª, 3º C, Ferrol.

Precepto infrinxido: 6.1º.

Sanción: 0 euros.

De conformidade co previsto na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG nº 235, do 5 de decembro), o importe da devandita sanción deberá ser aboado no prazo que establece o Regulamento xeral de recadación, ou do contrario procederase, sen máis trámite, ó seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario os interesados deberán recoller na antedita Delegación Territorial da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos o documento de ingreso correspondente.

A Coruña, 1 de xullo de 2002.

Beatriz Mato Otero

Delegada territorial da Coruña