Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 23 de xullo de 2002 Páx. 11.552

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/86-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. rúa Ramón Nieto 135-313, Cambeses.

Situación: Concello de Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 15 kV, de 1.015 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o empalme coa L.M.T. S.D.M. 7.06, á altura do C.T. Ramón Nieto 135, rematando no C.T. Ramón Nieto 313. L.M.T. subterránea, a 15 kV, de 150 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a liña S.D.M. 7.06, á altura do nº 257 da rúa Ramón Nieto, alimentando en bucle ó C.T. que se proxecta en Cambeses, rematando no punto de inicio da liña. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V, situado na rúa D. Martín (Cambeses). R.B.T. subterránea, de 170 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, será de doce meses, a partir da recepción desta resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Pontevedra, 13 de xuño de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra