Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 22 de xullo de 2002 Páx. 11.496

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUGARDOS

ANUNCIO de estudio de detalle para o establecemento de aliñacións e rasantes na rúa prevista polo PXOM de Mugardos entre a rúa Os Corzás e a rúa Alta: aprobación inicial.

Aprobación inicial.

A Comisión de Goberno, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 4 de xullo de 2002, aprobou inicialmente o estudio de detalle para o establecemento de aliñacións e rasantes na rúa prevista polo P.X.O.M. entre a rúa Os Corzás e a rúa Alta.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, para efectos de que durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no DOG poidan formula-las reclamacións e alegacións que se consideren pertinentes.

Suspensión de licencias.

Así mesmo, a Comisión de Goberno, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 4 de xullo de 2002, acordou a suspensión de licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición para as áreas ou usos determinados no devandito estudio de detalle. O que se fai público en cumprimento do artigo 34 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio deste anuncio e publicación

no taboleiro de edictos do concello, notifícase o acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados, respecto dos cales non se puidera practica-la notificación.

Mugardos, 10 de xullo de 2002.

Ramón Toimil Saavedra

Alcalde