Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 22 de xullo de 2002 Páx. 11.490

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a adxudicación do contrato de servicio de restauración, mantemento e limpeza dos campamentos xuvenís da provincia da Coruña que se citan.

En cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación dos seguintes contratos de servicios:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial da Coruña.

c) Número de expediente: 14/2002.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: contratación dos servicios de restauración, mantemento e limpeza dos campamentos xuvenís da provincia da Coruña.

b) División por lotes e números: lote único.

Expediente 14/2002: servicio de restauración, mantemento e limpeza dos campamentos xuvenís Virxe de Loreto-Porto do Son, Espiñeira-Boiro e Furelos-Melide.

c) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 90, do 10 de maio de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación. Importes totais: 173.017,20 euros.

Lote único: expediente 14/2002: 8,50 euros/praza/día, cun máximo de 9.180 prazas en Virxe de Loreto-Porto do Son, 8,50 euros/praza/día ata un máximo de 6.450 prazas en Espiñeira-Boiro e 9,88

euros/praza/día ata un máximo de 4.065 prazas en Furelos-Melide, IVE incluído.

5. Adxudicación:

a) Data: 14 de xuño de 2002.

b) Contratistas: Eurest Colectividades, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importes: 173.017,20 euros: Virxe de Loreto-Porto do Son, 8,50 euros/praza/ día, Espiñeira-Boiro, 8,50 euros/praza/día e Furelos-Melide, 9,88 euros/praza/día, IVE incluído.

A Coruña, 12 de xuño de 2002.

P.D. (Orde 19-1-1998)

Mª Rosa Gómez Díaz

Delegada provincial da Coruña