Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 22 de xullo de 2002 Páx. 11.474

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación de permiso de investigación Riba das Bouzas, nos concellos da Estrada (provincia de Pontevedra) e Padrón (provincia da Coruña), por parte de Granitos Xesteiras, S.L.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra, fai saber que Granitos Xesteiras, S.L., con domicilio en Fontenlo, Couso, A Estrada, presentou nesta delegación provincial, o día 26-2-2002, instancia-solicitude de permiso de investigación Riba das Bouzas de 8 cuadrículas mineiras para recursos de sección C) granito ornamental, que se sitúa nos termos municipais da Estrada, da provincia de Pontevedra, e Padrón, da provincia da Coruña, e que lle correspondeu o nº 2984, da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 18º 36' 20''42º 44' 20''

Vértice 28º 35' 40''42º 44' 20''

Vértice 38º 35' 40''42º 43' 20''

Vértice 48º 36' 40''42º 43' 20''

Vértice 58º 36' 40''42º 44' 00''

Vértice 68º 36' 20''42º 44' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público, para que, calquera que se considere interesado, interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación

provincial, pasado o dito prazo non se admitirá oposición ningunha.

Pontevedra, 24 de xuño de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra