Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 22 de xullo de 2002 Páx. 11.474

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se comunica o acordo de inicio do trámite de audiencia en relación cos parques eólicos Álabe-Labrada e Álabe-Terral. (Expedientes 061/EOL e 059/EOL).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada polo artigo 68.dous da Lei 24/2001, do 27 de decembro de 2001, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona o acordo de inicio do trámite de audiencia no procedemento de autorización administrativa dos parques eólicos Álabe-Labrada e Álabe-Terral, promovidos por Acciona Eólica de Galicia, S.A.

A partir do día seguinte á publicación deste acordo, en virtude do disposto no artigo 84 da citada Lei 30/1992, dispón do prazo de 15 días para presenta-las alegacións que considere pertinentes.

Trámite de audiencia/Autorización administrativa parques eólicos Álabe-Labrada e Álabe-Terral.

Interesado: Francisco Chao Domingo.

Último enderezo coñecido: avda. Ortigueira, nº 90. As Pontes. A Coruña.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas