Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 22 de xullo de 2002 Páx. 11.473

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2002, da Dirección Xeral de Política Lingüística, pola que se fai pública a adxudicación dun contrato de servicios, por concurso público polo procedemento aberto, para a organización da 2ª fase do XI concurso galego-portugués de panxoliñas e outros cantos de Nadal.

En cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de servicios:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Política Lingüística.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: de servicios.

b) Descrición do obxecto: organización da 2ª fase do XI concurso galego-portugués de panxoliñas e outros cantos de Nadal.

c) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia número 99, do 24-5-2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base licitación:

Importe total: 91.000 A.

5. Adxudicación:

a) Data: 26-6-2002.

b) Contratista: Difux, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 81.136,63 A.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2002.

Xesús P. González Moreiras

Director xeral de Política Lingüística