Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 22 de xullo de 2002 Páx. 11.442

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 241/2002, do 11 de xullo, polo que se acepta a cesión, a título gratuíto, de parcelas situadas no concello de Larouco (Ourense) destinadas á construcción dunha residencia da terceira idade.

O Pleno da Corporación municipal do Concello de Larouco, reunido en sesión que tivo lugar o día 22 de xuño de 2001, acordou ceder á Comunidade

Autónoma de Galicia catro parcelas no termo municipal de Larouco (Ourense), destinadas á construcción dunha residencia da terceira idade.

A Secretaría Xeral e do Patrimonio tramitou o correspondente expediente de aceptación de cesión, de conformidade co disposto nos artigos 16, 17 e 23 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e 33, 34 e 38 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, feita nos termos nos que o Concello de Larouco acordou a cesión, logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día once de xullo de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acéptase a cesión, feita polo Concello de Larouco, a título gratuíto, dos terreos seguintes:

a) Rústica, terreo denominado A Porbide, dunha superficie de 19 áreas e 20 centiáreas, deixando paso de cruzamento de 11 metros lindando coa parcela nº 67. É a parcela 68 do polígono 13. Linda: ó norte, Augusto Álvarez e irmáns; ó sur, camiño; ó leste, herdeiros de Jesús Rodríguez Diéguez e ó oeste, Joaquín Prieto Rodríguez.

Referencia catastral: 320390000001300068TX.

b) Rústica, terreo denominado A Porbide, dunha superficie aproximada de 13 áreas e 76 centiáreas. É a parcela 69 do polígono 13. Linda: ó norte, Augusto Álvarez e irmáns; ó sur camiño; ó leste, Felisa Campos Galán e ó oeste, Joaquín Prieto Rodríguez.

Referencia catastral: 320390000001300069TY.

c) Rústica, terreo denominado A Porbide, dunha superficie aproximada de 9 áreas e 47 centiáreas. É a parcela 6 do polígono 13. Linda: ó norte, ó sur e ó leste, co camiño; ó oeste, Felisa Campos Galán.

Referencia catastral: 320390000001300006.

d) Rústica, terreo denominado A Porbide, de 12 áreas e 16 centiáreas. Linda: ó norte e ó sur, co camiño; ó leste, herdeiros de Antonia Díaz Álvarez; ó oeste, herdeiros de Jesús Rodríguez Diéguez e Augusto Álvarez e irmáns. É a parcela 5 do polígono 13.

Referencia catastral: 320390000001300005TY.

Os predios descritos figuran inscritos no Rexistro da Propiedade da Pobra de Trives tomo 350 do arquivo, a favor do Concello de Larouco, por título de doazón, do libro 15 de Larouco, folios 197 a 200 , cos números 1667 a 1670 respectivamente.

Artigo 2º

Os predios cedidos destinarase á construcción dunha residencia da terceira idade.

Artigo 3º

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, procederá á formalización da cesión no correspondente documento público e á inscrición do ben no Rexistro da Propiedade a nome da Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo

tódolos trámites necesarios para a efectividade do presente decreto.

Santiago de Compostela, once de xullo de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda