Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 19 de xullo de 2002 Páx. 11.434

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2002 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: é a realización das obras de abastecemento e saneamento no lugar de Barciela, de acordo co proxecto elaborado polo Servicio Municipal de Proxectos e Obras.

Tipo de licitación: 618.183,53 A, IVE incluído.

Prazo de execución: 12 meses.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Clasificación do contratista: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

Proposicións: os licitadores poderán presenta-las proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela en horas de 9 a 14, dentro do prazo de vinteseis días naturais, contados desde o día seguinte ó da última publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Documentación: información: Concello de Santiago de Compostela (Departamento de Contratación-Servicios). Tfno.: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.

Documentación: Copy Nova, r/ Nova de Abaixo nº 12, local 4. Tfno. e fax: 981 59 23 93.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no artigo 15.3º.3 do prego de cláusulas administrativas.

Garantías:

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na Casa do Concello (Secretaría) ás 12 horas, o segundo día hábil, non sábado, seguinte á finalización do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2002.

José A. Sánchez Bugallo

Alcalde