Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 19 de xullo de 2002 Páx. 11.434

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANDIÁS

EDICTO.

Con data do 28 de xuño do 2002 foi aprobado pola Comisión de Goberno o prego de cláusulas administrativas para a contratación das obras de abastecemento e saneamento de Vilariño das Poldras, obra nº 228/POL/2002. Así mesmo anúnciase a licitación para adxudica-lo contrato mediante concurso e polo trámite de urxencia.

Tipo de licitación: 60.102 euros.

Fianza provisional: 1.202,04 euros.

Proposicións: presentaranse no Rexistro de Entrada do concello, durante o prazo de 13 días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG (se coincidise con sábado ou festivo, prorrogarase o prazo ó seguinte día natural non festivo). Os criterios de valoración e a documentación para tomar parte no concurso figuran no expediente que consta na secretaría do concello.

Apertura de plicas: terá lugar ás 12 horas do cuarto día hábil (agás sábado), a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas.

Información: Concello de Sandiás, teléfono: 988 46 50 01. Fax: 988 44 60 48.

Sandiás, 10 de xullo de 2002.

Mª Concepción Méndez Gándara

Alcaldesa