Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 19 de xullo de 2002 Páx. 11.433

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno Municipal, en sesión de data 2 de maio de 2002, acordou:

1. Aprobar con carácter inicial e a reserva de corrección de deficiencias, un Plan Parcial para un sector da Área 6 de SUNP na Zapateira promovido por José Manuel Vázquez Paseiro, propietario dos terreos, e redactado polo arquitecto José Ramón López Calvo, considerando parte integrante do citado documento o convenio que para a concertación desta actuación foi subscrito o 18 de xaneiro de 2002.

2. Somete-lo documento inicialmente aprobado a información pública polo prazo dun mes o que se publicará no DOG e nun xornal dos de maior difusión da provincia.

Os prazos contaranse desde a última publicación deste anuncio (DOG ou xornal) e poderá examinarse o expediente nas oficinas municipais do Servicio de Urbanismo e formula-las alegacións que consideren oportunas.

Culleredo, 5 de xuño de 2002.

Ricardo Seoane Candamio

Concelleiro delegado de Urbanismo

C0NCELLO DE MURAS