Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 19 de xullo de 2002 Páx. 11.423

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 18 de xuño de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/161).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., CC.TT. e R.B.T. Isorna-Leiro (2ª fase).

Situación: Rianxo.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV, de 2.651 m de lonxitude en conductor R.H.V. 240 mm Al, que parte do C.T. de nova construcción de Vilanustre e final na L.M.T.A. Taragoña-Padrón, derivada a C.T. Atalaia, pasando polo C.D. de Fornos.

Ramal L.M.T.S. a 20 kV de 1.045 m que parte do C.D. Fornos e final no C.T. Mámoa en conductor R.H.V. de 95 mm Al.

C.T. de Fornos C.T. prefabricados de Vilanustre de 250 kVA e de Mámoa de 160 kVA. Concello de Rianxo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 18 de xuño de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña