Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 19 de xullo de 2002 Páx. 11.418

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2002, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se sinala a data dunha poxa de bens inmobles.

Autorizado por acordo desta dirección xeral, do 17 de abril de 2002, o alleamento en pública poxa dos bens embargados no procedemento de constrinximento pola Zona de Recadación de Lugo como da propiedade do debedor Santiso López, Teresa con NIF 33715267-G que a continuación se describe:

Lote 1:

Vivenda na rúa Lamas de Prado, s/n, planta 5ª, porta esquerda, situada no polígono de Abuín, municipio de Lugo. A súa superficie construída é de 92,10 m e a útil de 70,12 m, cota en división horizontal 2,107 número orde 12, con anexo de praza de garaxe nº 47. Está acollida ó réxime de vivendas de protección oficial de promoción pública co nº LU-85/100 e inscrita no Rexistro de Propiedade de Lugo no tomo 1.034, libro 595, folio 127 e predio nº 56.858.

Valor: 56.480,33 A.

Cargas: 14.492,91 A.

Tipo: 41.987,42 A.

De conformidade coa competencia atribuída polo artigo 7.1º f) do Decreto 51/2000, do 25 de febreiro, polo que se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia e o Estatuto dos recadadores de zona,

DISPOÑO:

Que, o día 4 de setembro de 2002 ás 10 horas, na sala de xuntas da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo, rúa Ronda da Muralla nº 70, baixo a presidencia do delegado territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo, se celebre a dita poxa.

Así mesmo, e en cumprimento do disposto no artigo 146 do Regulamento xeral de recadación, faise consta-lo seguinte:

1º Que consta en poder da Zona de Recadación de Lugo o expediente de constrinximento no que consta a titularidade dos bens poxados e o estado das súas cargas e gravames, onde poden ser examinados, debendo conformarse con eles, sen ter dereito a esixir outros, e que as cargas e gravames subsistentes, se os houbese, ó crédito dos executantes, continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas

responsabilidades destes, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

2º Que a poxa se suspenderá en calquera momento anterior á adxudicación de bens, se se fai o pagamento da débeda, xuros e custas do procedemento.

3º Os licitadores poderán enviar ou presenta-las súas ofertas en sobre pechado desde o anuncio de poxa ata unha hora antes do comezo desta, sen prexuízo de que poidan participar persoalmente na licitación con ofertas superiores á do sobre. As ditas ofertas, que terán o carácter de máximas, serán rexistradas no rexistro da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo e deberán ir acompañadas de cheque conformado, estendido a favor do Tesouro da Facenda Pública de Galicia polo importe do depósito.

4º. Que todo licitador deberá constituír ante a mesa de poxa o preceptivo depósito de garantía, que será polo menos do 20 por 100 do tipo daquela, coa advertencia de que o dito depósito se ingresará en firme no Tesouro se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos maiores prexuízos que sobre o importe orixine a inefectividade da adxudicación.

5º. No caso de que non resulten adxudicados os bens nunha primeira licitación, a mesa de poxa poderá realizar unha segunda licitación, se o xulga procedente, fixando o novo tipo de poxa no 75% do importe da primeira licitación, ou ben anunciará a iniciación do trámite de adxudicación directa que se levará a cabo de acordo co artigo 150 do Regulamento xeral de recadación.

6º. Que o rematante ten a obriga de entregar no acto da adxudicación ou dentro dos cinco días seguintes a diferencia entre o depósito constituído e o prezo de adxudicación.

7º. Se quedasen bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa, por un prazo máximo de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado, a partir dese momento, á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ó remate do prazo do mes desde o seu inicio, podendo proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas, ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento, e así sucesivamente co límite total de seis meses.

O prezo mínimo de adxudicación directa será o tipo de poxa en primeira licitación cando non se considerase procedente celebrar unha segunda licitación; se existise segunda licitación non haberá prezo mínimo.

8º. A Consellería de Economía e Facenda reserva para si o dereito de pedi-la adxudicación para a Comunidade Autónoma de Galicia, do ben que non

fose obxecto de venda, conforme o establecido no artigo 158 do Regulamento xeral de recadación.

9º. O procedemento de constrinximento soamente se suspenderá nos termos e condicións sinalados nos artigos 135 e 136 da Lei xeral tributaria e 101 do Regulamento xeral de recadación. En todo o non previsto neste anuncio haberá de aterse ó preceptuado nas disposicións legais que regulen o acto.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2002.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos