1. Entidade adJdicadora:
a) Organismo: Concello de Vilaboa.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: colectores primarios da Ramalleira, Pedrouzo, Cabada Chan e Casal de Santa (POL/2002).
b) Lugar de execución: A Ramalleira, Pedrouzo (Bértola); Cabada Chan, Casal de Santa (Vilaboa).
c) Prazo de execución: dous meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 82.563,02.
5. Garantía provisional.
1.651,26.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Vilaboa.
b) Domicilio: Toural, 1.
c) Localidade e código postal: Vilaboa, 36141.
d) Teléfono: 986 70 82 15.
e) Telefax: 986 70 83 87.
f) Data límite de obtención de documentos e información: a de presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación (grupos, subgrupos e categoría): non se require.
b) Outros requisitos: artigo 7.2º do prego.
8. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: trece días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no BOP ou DOG (última publicación).
b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula 12 do prego.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral.
9. Apertura das ofertas.
O terceiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación das proposicións (salvo que coincida en sábado, xa que neste caso se trasladará ó día seguinte hábil), ás 12 horas.
10. Outras informacións.
Criterios de adxudicación do concurso: cláusula 16.3.3 do prego.
b) Exposición pública do prego de cláusulas: por oito días seguintes ó da publicación do anuncio no BOP ou DOG (última publicación).
11. Gastos de anuncios.
A cargo do adxudicatario.
Vilaboa, 12 de xullo de 2002.
O alcalde
Rubricado