Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 18 de xullo de 2002 Páx. 11.383

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-340).

Por resolución desta alcaldía nº 3550/2002, do 18 de xuño de 2002, acordouse aprobar inicialmente a modificación do proxecto de urbanización da UE nº 18 Areal Sur-Perillo, en Perillo, tramitado por Inmobiliaria Gaingo.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de Urbanismo das 9 ás 13 horas tódolos días laborais, polo prazo dun mes, a través de anuncios no DOG, prensa e taboleiro de anuncios, que computará desde a derradeira publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se coiden oportunas.

Oleiros, 26 de xuño de 2002.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta