Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 18 de xullo de 2002 Páx. 11.376

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/80).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. Pedrouzos-Santa Minia.

Situación: Brión.

Descricións técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea a 20 kV de 685 m de lonxitude, en conductor R.H.V. de 240 mm Al, que parte do C.T. urbanización Monte Balado, nº 2 e C.T. urbanización Hortensia.

Liña eléctrica de media tensión subterránea a 20 kV de 310 m de lonxitude, en conductor R.H.V. de 340 mm Al, que parte do C.T. Pedrouzos grupo escolar de manobra exterior e final no pórtico do C.T. grupo escolar.

Rede de baixa tensión de enlace desde C.T. grupo escolar coa rede de baixa tensión existente. Concello de Brión.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución;

tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

A Coruña, 14 de xuño de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña