Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 17 de xullo de 2002 Páx. 11.324

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

ANUNCIO de convocatoria de procesos selectivos.

No BOP con data do 4 de xullo de 2002, publicaronse as bases xerais e específicas de procesos selectivos convocados para cubri-las seguintes prazas vacantes nesta deputación provincial incluídas en diversas ofertas de emprego público.

Número e características das prazas convocadas.

O número de prazas vacantes, a súa denominación e caraterísticas, son as seguintes:

-Tres prazas de encargado legoeiro, grupo D, por concurso oposición quenda promoción interna.

-Dúas prazas de oficial legoeiro, grupo D, por concurso oposición libre.

-Tres prazas de oficial conductor maquinista, grupo D, por concurso oposición, unha por promoción interna e dúas por quenda libre.

-Tres prazas de operarios especialistas, grupo E, por concurso oposición libre.

-Catro prazas de auxiliares de Admón. xeral, grupo D, tres por quenda libre e unha por promoción interna.

-Dúas prazas de ordenanza, grupo E, por concurso oposición libre.

A presentación de solicitudes poderá facerse, ben no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra, ben de calquera das formas establecidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación no BOE).

Pontevedra, 4 de xullo de 2002.

Manuel Abeledo López

Presidente da Deputación

Provincial de Pontevedra

Rogelio Nicieza de la Cerra

Secretario xeral da Deputación

Provincial de Pontevedra