Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 17 de xullo de 2002 Páx. 11.314

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2002 pola que se fai pública a adxudicación do concurso público aberto e trámite de urxencia, para a contratación dos servicios de desenvolvemento de novos módulos do sistema de xestión económico-financeira (SXEF) do Instituto Galego de Promoción Económica e o mantemento do dito sistema (C.P. 6/2002).

En cumprimento do disposto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de servicios.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Dependencia que tramita o expediente: servicios xurídicos.

c) Número de expediente: C.P. 6/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servicios.

b) Descrición do obxecto: desenvolvemento de novos módulos do sistema de xestión económico-financeira (SXEF) do Igape e o mantemento do dito sistema.

c) Lote: único.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 67, do 8 de abril de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: 120.000 A (cento vinte mil euros), IVE incluído, dos que 84.000 A (oitenta e catro mil euros), IVE incluído corresponden ó servicio de desenvolvemento e 36.000 A (trinta e seis mil euros), IVE incluído, ó servicio de mantemento.

5. Adxudicación.

a) Data: 15 de maio de 2002.

b) Contratista: Natica Sistemas de Información, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 120.000 A, IVE incluído, dos que 84.000 A, IVE incluído corresponden ó importe máximo para o servicio de desenvolvemento e 36.000 A, IVE incluído ó importe máximo para o servicio de mantemento, e polos seguintes importes unitarios:

-181,83 A, IVE incluído, prezo por estudio previo.

-581,85 A, IVE incluído, prezo por prototipo.

-36,37 A, IVE incluído, prezo por hora de desenvolvemento.

-43,27 A, IVE incluído, prezo por hora de mantemento.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2002.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica