Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 17 de xullo de 2002 Páx. 11.311

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 285/2001).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica aérea a 15/20 kV, de 484 m de lonxitude, centro de transformación e rede de baixa tensión no lugar do Fócanos-Paleo, no termo municipal de Carral, (expediente nº 285/2001), por resolución desta delegación provincial de data 6 de febreiro de 2002, a favor da entidade beneficiaria Unión Fenosa Distribución, S.A., con domicilio na avenida de Arteixo, nº 171, 15007 da Coruña.

Esta delegación acorda sinala-lo día 30 de xullo de 2002 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Santa Carral, deducida da que se someteu a información pública no DOG, BOP e no xornal La Voz de Galicia de datas 27-7-2001, 27-6-2001 e 19-9-2001, respectivamente, acto ó que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual, sinalándoselle-los horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida casa consistorial.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se

produzan destes, de conformidade con artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 12 de xuño de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO